Programa de Fondos LEADER 2014-2020 para Galicia

Marco Normativo

No marco do PDR de Galicia 2014-2020 Agader vai tramitar a medida 19 LEADER, amparada así mesmo por o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, regula no título III, capítulo II o desenvolvemento local participativo (DLP)

Esta actuación dá continuidade a programas Leader anteriores tales como a iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 coma o eixe 4 do PDR de Galicia.

O ENFOQUE LEADER

O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que na comarca de actuación existan.

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “Procesos de abaixo cara arriba”, é dicir, as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural definisen no ámbito local do territorio, e as decisión sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas nese mesmo ámbito por partenariados de axentes públicos e privados (na súa maioría privados por esixencia do programa).

Para asegurar esa participación da sociedade rural constituíranse os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.

Estes GDRs implican polo tanto unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só do sector primario, como no resto de dimensións sociais; equipamentos, servizos e dotacións públicas, defensa dos valores patrimoniais e medioambientais, relacións sociais, traballo en rede, etc.

Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo de contribuír á estratexia europea 2020 acadando un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:

  1. Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.
  2. Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.
  3. Favorecer a ocupación sostible do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc…
  4. Garantir a sostibilidade da actividade no medio rural, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais.
  5. Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.
  6. Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

Coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía LEADER o máximo posible, o territorio elixible será todo o rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra ( xunto cos terminos municipais de A Coruña e Vigo). Nas provincias de Lugo e de Ourense, en liña cos obxectivos dos Plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense da Xunta de Galicia, preténdese unha discriminación positiva en favor destas provincias mais rurais, tendo en conta o déficit de tecido produtivo e de servizos en relación coas provincias atlánticas. É por iso que nas citadas provincias de Lugo e de Ourense, unicamente se excluirá como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes.


MÁIS INFORMACIÓN: http://agader.xunta.es/EixoLeader_Preparacion.do


A raíz do proceso participativo aberto por parte de Agader o 21 de setembro de 2015 e polo que foron consultados a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Asociación de GDR de Galicia e os GDR asociados desta, proceuse a establecer un mapa previo  de GDR, compaxinando o enfoque “abaixo-arriba” propio da metodoloxía Leader coa necesaria planificación xeral por parte de Agader.

Como resultado dese proceso, o número de GDR quedou limitado a 24, fronte aos 31 existentes no período anterior en toda Galicia.

Así quedaron definidos os seguintes 24 GDR ou áreas de actuación Leader para o período 214-2020:

mapa_gdr_leader_galicia_2014-2020GDR 01:  Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, Valadouro (O), Vicedo (O), Viveiro, Xove

GDR 02: Abadín, Begonte, Castro de Rei , Cospeito, Guitiriz, Muras, Pastoriza (A), Riotorto ,Vilalba, Xermade.

GDR 03: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Fonsagrada(A), Láncara,Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Pontenova (A), Ribeira de Piquín.

GDR 04: Castroverde, Corgo(O), Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade.

GDR 05: Antas de Ulla,Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Portomarín, Sarria, Taboada.

GDR 06:  As Nogais, Bóveda, Folgoso do Courel, Incio (O), Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón (A), Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Saviñao (O), Sober, Triacastela.

GDR 07:  Barco de Valdeorras(O), Bolo (O), Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rúa (A), Rubiá, Veiga (A), Vilamartín de Valdeorras.

GDR 08:  Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Montederramo, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), San Xoán de Río, Teixeira (A), Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

GDR 09: Castrelo do Val, Cualedro, Gudiña(A), Laza, Mezquita (A), Monterrei, Oímbra, Riós,Verín, Vilardevós.

GDR 10: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Bola(A), Blancos (Os),Calvos de Randín, Celanova,Entrimo, Lobeira, Lobios,Maceda, Muíños, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras,Verea, Vilar de Barrio,Vilar de Santos, Xinzo da Limia, Xunqueira de Ambía.

GDR 11: Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Esgos, Gomesende, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar(O), Peroxa (A), Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Espadañedo.

GDR 12: Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño(O), Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Irixo(O), Leiro, Maside, Melón, Padrenda, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea.

GDR 13: Arbo, Cañiza (A), Covelo (O), Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Neves (As), Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño.

GDR 14: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Guarda (A), Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Porriño(O), Redondela, Rosal (O), Tomiño, Tui.

GDR 15: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Cotobade, Lama (A), Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa.

GDR 16: Agolada, Dozón, Estrada (A), Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

GDR 17: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Grove( O), Illa de Arousa, Meaño, Meis , Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

GDR 18: Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón,Pobra do Caramiñal(A), Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois.

GDR 19: Ames, Baña(A),  Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra.

GDR 20: Arzúa, Boimorto,  Melide , Pino(O) , Santiso, Sobrado, Toques, Touro, , Vilasantar.

GDR 21: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.

GDR 22: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo, Zas.

GDR 23: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oleiros, Oza Cesuras, Paderne, Sada. https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/proposta-leader-2014-2020/

GDR 24: Ares, Cabanas, Capela(A), Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), San Sadurniño,  Somozas(As), Valdoviño, Vilarmaior.

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.