Selección de GDR como colaboradores no PDR de Galicia 2014-2020

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.

AGADERO Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), na súa xuntanza do 10 de febreiro de 2016, acordou aprobar as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020 e para a concesión da axuda preparatoria, e convocar o correspondente procedemento de selección.

De conformidade coas facultades que teño conferidas en virtude do artigo 10.2.a) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020 e para a concesión da axuda preparatoria, e se convoca o correspondente procedemento de selección

O citado acordo incorpórase a esta resolución como documento anexo.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural


ANEXO

Acordo do 10 de febreiro de 2016, do Consello de Dirección da Agader, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente procedemento de selección.

O Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, regula no título III, capítulo II o desenvolvemento local participativo (DLP).

As estratexias de desenvolvemento local poden contribuír a varios dos obxectivos dos fondos estruturais de investimento europeos (fondos EIE); non obstante o desenvolvemento local participativo debe efectuarse no contexto dun único obxectivo temático. No ámbito do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) prográmase integramente na área focal: 6B «promover o desenvolvemento local nas zonas rurais». Non obstante, tendo en conta a súa natureza e as operacións que, coas limitacións e condicionantes establecidos nestas bases se incluirán nas estratexias dos GDR, servirá para contribuír á consecución doutras prioridades e áreas focais, en particular, as seguintes:

1A: fomentar a innovación, a cooperación e o desenvolvemento da base de coñecementos nas zonas rurais.

2B: facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados, así como o revezamento xeracional.

3A: mellorar a competitividade dos produtores primarios, fornecendo valor engadido aos produtos agrarios e promocionándoos nos mercados locais.

4A: restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como o estado das paisaxes europeas.

5: promover a eficiencia dos recursos e fomentar o paso a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático nos sectores agrario, alimentario e forestal.

6A: facilitar a diversificación, creación e desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

6C: mellorar a accesibilidade ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), así como ao uso e a calidade destas nas zonas rurais.

A programación para Leader correspondente ao período 2014-2020 réxese polo disposto nos artigos do 32 ao 35 do Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre disposicións comúns referidas aos fondos Feader, Feder, Fondo de Cohesión, FSE e FEMP (fondos EIE) e polo disposto nos artigos do 42 ao 44 do Regulamento UE 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

Por outra parte, o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, regula nos artigos do 42 ao 44 o desenvolvemento local participativo (DLP) a través dos grupos Leader de desenvolvemento rural (GDR).

Sobre a base do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e do Marco Estratéxico Común, o 22 de abril de 2014 remitiuse por parte de España á Comisión Europea a proposta de Acordo de asociación de España 2014-2020. A aprobación definitiva do Acordo de asociación tivo lugar o 30 de outubro de 2014. Tomando como referencia o citado Acordo de asociación de España, o Marco nacional de desenvolvemento rural, aprobado por Decisión da Comisión Europea do 13 de febreiro de 2015, vén a establecer os elementos comúns da estratexia Leader para o período 2014-2020.

O enfoque Leader, como instrumento de desenvolvemento territorial integrado no nivel subrexional ou local, demostrou ao longo dos precedentes períodos de programación a súa capacidade para fomentar o desenvolvemento das zonas rurais, baseado nun enfoque integrado, innovador e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenos do territorio e desde unha perspectiva ascendente. Neste senso, o desenvolvemento local participativo consolídase e refórzase para o presente período de programación: 2014-2020. Intégrase por primeira vez no Regulamento xeral de fondos MEC (Regulamento UE 1303/2013) e continúa vixente no presente período de programación (artigo 59.5 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro) a obriga de que polo menos o 5 % da contribución total do fondo Feader ao PDR debe reservarse ao enfoque Leader.

Dentro dos obxectivos do Feader para contribuír á estratexia Europa 2020, a metodoloxía Leader contribúe directamente a «lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego». Os GDR contribuirán coas súas estratexias a xerar capacidade na comunidade local e estimular a innovación, a iniciativa empresarial e a fomentar o desenvolvemento e a detección do potencial aínda sen explorar nos territorios rurais.

Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo de contribuír á estratexia europea 2020 acadando un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes obxectivos:

a) Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.

b) Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.

c) Favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.

d) Garantir a sustentabilidade da actividade no medio rural mediante un coidado e utilización adecuados dos recursos naturais.

e) Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.

f) Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

O DLP estará gobernado polos grupos de desenvolvemento rural e levarase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas, multisectoriais e baseadas en zonas. Neste senso, o programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) aprobado pola Comisión Europea por Decisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, prevé un sistema de xestión do Leader en que os GDR que resulten seleccionados terán respecto da Agader unha dobre condición:

a) Por unha parte, serán entidades colaboradoras nos termos previstos no artigo 9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). Neste senso, actuarán en nome e por conta da Agader na xestión das subvencións que vaian percibir os beneficiarios da submedida 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo».

b) Por outra banda, terán a condición de beneficiarios de subvención nos termos previstos no artigo 8 da LSG respecto dos fondos públicos vinculados ás submedidas 19.1: «apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local », 19.4.A: «custos correntes da estratexia de desenvolvemento local» e 19.4.B: «animación e promoción territorial».

En relación coa submedida 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo», os GDR poderán ser beneficiarios de subvención para un tipo específico de proxectos: os de formación, referidos a proxectos de capacitación para o emprego dirixidos á poboación activa do seu territorio, coa finalidade de aumentar a empregabilidade, tanto por conta propia como por conta allea.

Segundo dispón o artigo 33 do Regulamento UE 1303/2013 sobre disposicións comúns dos Fondos EIE, as estratexias de desenvolvemento local participativo serán seleccionadas por un comité creado para tal efecto pola autoridade de xestión responsable, e aprobadas por estas mesmas autoridades. Estas estratexias de desenvolvemento local participativo serán a base sobre a que se desenvolverá a medida Leader de Galicia 2014-2020. Para a selección das estratexias que acaden o contido mínimo establecido nestas bases reguladoras e reúnan a calidade mínima que a xuízo do comité de selección se requira, terase en conta a idoneidade da estratexia para o territorio a que se dirixe e non a comparación con outras estratexias de distintos territorios. Para os efectos de acadar o maior consenso posible no territorio de actuación, unicamente se poderá propoñer unha estratexia por territorio, e entre os socios da estratexia debe figurar, cando menos, a maioría dos concellos do citado territorio, sen que un concello poida ser socio de máis dun GDR.

Coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía Leader o máximo posible, proponse como territorio elixible todo o territorio rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra. Nas provincias de Lugo e de Ourense, en liña cos obxectivos dos plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense da Xunta de Galicia, preténdese unha discriminación positiva en favor destas provincias máis rurais, tendo en conta o déficit de tecido produtivo e de servizos en relación coas provincias atlánticas. É por iso que nas citadas provincias de Lugo e de Ourense unicamente se excluirán como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes. Para o cálculo do número de habitantes das entidades de poboación da Comunidade Autónoma de Galicia téñense en conta os datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística correspondentes ao ano 2014. Os termos municipais dos concellos de Vigo e da Coruña exclúense na súa totalidade como territorio elixible para os efectos da aplicación da medida Leader de Galicia 2014-2020, tendo en conta que no territorio dos ditos concellos se atopa un alto grao de influencia urbana, derivada da presenza das dúas cidades máis grandes do territorio galego.

Por outra parte, exclúense do territorio elixible para o Leader de Galicia 2014-2020, ademais dos parques empresariais sitos nos termos municipais da Coruña e Vigo, os situados no territorio dos concellos de Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra, tendo en conta que se refiren ás zonas industriais das cidades galegas con máis de 50.000 habitantes.

En canto á delimitación do territorio de cada GDR, cómpre ter en conta que, segundo se prevé no PDR, a necesaria planificación por parte da Administración reflíctese en que a Agader realiza unha proposta inicial de mapa en que se delimitan os territorios obxecto de cada unha das estratexias de desenvolvemento local, atendendo criterios de homoxeneidade dos territorios, en termos culturais, sociais, económicos e de servizos. Téñase en conta que unha delimitación territorial espontánea e libre a partir da convocatoria podería producir desaxustes territoriais, superposicións, inclusión de distintos axentes dun mesmo termo municipal en grupos distintos e podería dilatar excesivamente no tempo a delimitación territorial das estratexias. Considerando estes aspectos, e non en menor medida a posibilidade, regulada no punto VI das bases reguladoras que aproba este acordo, de modificación da proposta inicial de distribución territorial realizada pola Agader, establécense inicialmente un total de vinte e catro áreas de actuación do Leader no territorio de Galicia, para o período 2014-2020.

Tendo en conta o disposto nos parágrafos precedentes, procede convocar o proceso de selección de estratexias de desenvolvemento local e dos GDR que levarán a cabo a súa elaboración e execución, en relación coas submedidas 19.1: «apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local», 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo», 19.4.A: «custos correntes da estratexia de desenvolvemento local» e 19.4.B: «animación e promoción territorial».

Non se considera necesaria a inclusión do chamado «kit de posta en marcha de Leader», regulado no artigo 43 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, posto que a Comunidade Autónoma galega, na totalidade do seu territorio, conta con experiencia suficiente na implementación do enfoque Leader mediante estratexias de desenvolvemento local que foron deseñadas e implementadas polos distintos GDR que operaron no territorio rural galego xa desde os anos 90, nun primeiro momento como iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 como o eixe 4 do PDR de Galicia.

Por outra parte, óptase no PDR de Galicia 2014-2020 por non incluír a posibilidade de que os GDR seleccionen directamente, ao abeiro das súas estratexias, os proxectos de cooperación; non obstante, en aplicación do artigo 44.3 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro e do disposto no Marco nacional, a cooperación será obxecto dunha convocatoria específica, en virtude da cal se instaurará un sistema permanente de presentación de solicitudes.

Na elaboración destas bases reguladoras abriuse un proceso participativo en que foron consultados a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Asociación de GDR de Galicia e os asociados desta, co obxecto de que achegasen as alegacións que considerasen oportunas.

Desde o punto de vista competencial, o artigo 6.1.d) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Agader, atribúe ao Consello de Dirección da Axencia a competencia para aprobar os procedementos de selección das solicitudes de financiamento de plans, programas e actuacións vinculados cos GDR.

Para o financiamento da medida Leader de Galicia 2014-2020 está programado segundo o disposto no PDR de Galicia 2014-2020 un importe de 84.000.000,00 € (63.000.000,00 € de contribución Feader). Esta dotación financeira estará condicionada á liberación en 2019, se for o caso, da porcentaxe sobre os fondos públicos totais asignados á medida Leader de Galicia 2014-2020 que se corresponden coa «reserva de rendemento» a que se fai referencia nos artigos do 20 ao 22 do Regulamento 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

A participación financeira do fondo Feader acadará o 75 %, a correspondente aos fondos da Administración xeral do Estado o 2,5 % e a da Comunidade Autónoma de Galicia o 22,5 %.

Por todo o anterior, o Consello de Dirección da Agader, logo da tramitación do expediente nos termos legais e regulamentarios establecidos pola lexislación vixente,

ACORDA:

(…)


Consultar texto completo: DOG nº42 do 2 de marzo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s