Na provincia de Ourense atópanse máis da metade dos puntos negros incendiarios de Galicia

A provincia acumula 46 das 73 parroquias de alta actividade incendiaria que hai identificadas na comunidade. A comarca do Barbanza, na Coruña, é outro dos focos de conflictividade cos lumes

26/06/2017-Campogalego.org

Na última semana, a parroquia de Quins, no concello ourensán de Melón, rexistrou dous incendios forestais. O primeiro calcinou 160 hectáreas. O segundo, uns días despois, puido controlarse antes e só queimou 16 hectáreas. A reiteración e intensidade dos lumes que se producen en Quins semellan noticia, pero a verdadeira noticia sería que non houbese incendios na parroquia. Quins é un dos 73 puntos negros incendiarios que Medio Rural ten identificados en Galicia.

Os puntos negros, definidos pola Xunta como Parroquias de Alta Actividade Incendiaria, caracterízanse ou ben pola dimensión que acadan os lumes ou ben polo alto número de incendios que se rexistran. En Quins (Melón) sumaron 75 lumes en só un lustro (2011-15), pero non son os peores. Hai parroquias por riba do cento de incendios no mesmo periodo.

O sector forestal demanda desde hai anos medidas nas parroquias de alta actividade incendiaria

Mapa parroquias alta actividad incendiariaOurense acumula un 60% das parroquias de alta actividade incendiaria en Galicia. Os puntos negros sucédense por toda a provincia, pero hai unha maior concentración en determinadas zonas: no este da provincia, en especial nos concellos da Gudiña e da Mezquita; no Macizo Central, en concellos como Manzaneda ou Vilariño de Conso; no sur, con puntos negros como Cualedro ou Lobios; e no noreste, con puntos negros en Cea e tamén no veciño Dozón, xa na provincia de Pontevedra.

O sector forestal é consciente desta realidade e pide desde hai anos medidas para enfrontar o problema. Gran parte da actividade incendiaria que se rexistra cada verán en Galicia concéntrase en puntos negros da provincia de Ourense e doutras zonas caracterizadas pola súa conflictividade, como a comarca coruñesa do Barbanza.

Que facer? Medio Rural comprometeu no Plan de Defensa contra Incendios do 2016 un estudo sobre os usos do territorio nas parroquias de alta actividade incendiaria. O director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto, anunciou tamén hai pouco liñas de traballo nese eido.

Mala xestión da gandería extensiva
Entre os factores que explican a concentración de lumes en determinadas zonas, a Consellería do Medio Rural ten identificada a mala xestión da gandería extensiva como unha das cuestións importantes.

“Nas áreas conflictivas, imos analizar que ganderías hai, que comunidades de montes ou que organización da propiedade temos, e falar con todas as partes para impulsar acordos e regularizar o aproveitamento dos montes”, explicou nunhas xornadas o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto. “Queremos que nos montes con gandería se implanten pastizais, que haxa cercados, pasos canadienses e mangas de manexo”, enumera.

Con esa filosofía, as primeiras actuacións desenvolvéronse nos últimos anos na comarca do Barbanza (A Coruña), que Fernández Couto considera que pode servir de exemplo para outras zonas de Galicia co mesmo problema. O reto, reducir os puntos negros, que o ano pasado eran 68 e este ano 73.

Máis información
Mapa das parroquias de alta actividade incendiaria.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s