Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios: O Monte

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse neste novo curso que terá lugar en Bueu. O curso está organizado polo GIEEA e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.

O curso, que terá lugar os días 30 de xuño e 1, 7 e 8 de xullo, conta co apoio económico do concello de Bueu e coa colaboración da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo

curso_dinamizacion_do_monteO programa completo do curso é o que segue:

DÍA: 30/06/2017

09:00-09:30 h Presentación do Curso
Alcalde do Concello de Bueu
Presidente da Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo
Xavier Simón Fernández, Director do Curso

09:30-11:00 h O monte en Galicia: Antecedentes históricos e usos na sociedade tradicional
Damián Copena. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía.
Universidade de Vigo

11:00-12.30 h Propiedade comunitaria e xestión colectiva en Galiza e Portugal: Retos e oportunidades
Damián Copena e Xavier Simón. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía. Universidade de Vigo

12.30-14.00 h Presentación proxecto COMUNIX: Participación activa de mozos e mozas na gobernación de áreas comunitarias
Alberte Román. Trespés Soc. Coop. Galega

16.00-17.30 h A custodia do territorio: Unha alternativa para a conservación do monte
Óscar Rivas. Asociación Galega de Custodia do Territorio

17.30-19.00 h Ridimoas (1976-2017): estudo, defensa e conservación do bosque
David Rodríguez Barra. Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas

19.00-20.30 h Vida Común arredor do Monte Común
Carme Freire Cruces e José Carlos Figueroa Boeda (Maisdetres)

DÍA: 1/07/2017

09:30-11:00 h A xestión colectiva de montes privados, diversos exemplos de iniciativas sociais
Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo

11:00-12.30 h Biomasa forestal, unha oportunidade para a obtención de bioenerxía
CMVMC de Coruxo

12.30-14.00 h Xestionando integralmente o monte: produción de fertilizantes e produción de carne
Abonos Lourido

16.00-17.30 h Xestión forestal sustentable no monte galego: O caso do monte comunal de O Rosal
CMVMC do Rosal

17.30-19.00 h A resinación de piñeirais: aproveitamento integral e xestión sustentable
Édgar Fernández Blanco. Alianza de Resineros Gallegos (Aresga)

DÍA: 7/07/2017

09:30-11:00 h Abella Lupa SAT: abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural
Alexandre Cendón González. SAT Abella Lupa

11:00-12.30 h Recuperación de terras abandonadas con gando menor, da produción á comercialización
Joán Alibés Biosca e Quico Ónega. Beelia Cordeiro e Cabrito Atlántico.

12.30-14.00 h Porco celta no monte do Incio: xestión comunitaria de monte privado individual e colectivo
Carlos Gallego López. Cooperativa Porco Celta Incio.

16.00-17.30 h Galeguesa, criando gando e pechando círculos
Aser Álvarez e CIA

17.30-19.00 h Monte Cabalar: Explotación cooperativa e gandeira das propiedades do monte
Monte Cabalar Sociedade Cooperativa Galega

DÍA: 08/07/2017

09:30-11:00 h Iniciativas innovadoras no Monte Veciñal de Couso
CMVMC de Couso (Gondomar)

11:00-12.30 h O sabugueiro, un monte de ideas
Eva González e Nelson Alonso (Carabuñas)

12.30-14.00 h O Proxecto Batefogo. Prevención de lumes a través da participación social
Miguel Pardellas Santiago (Proxecto Batefogo)
Paula Lubián Fernández (Feitoría Verde Soc. Coop.)

16.00-21.00 h Visitas a experiencias de monte no Morrazo
Xavier Simón, Damián Copena e axentes locais

TAXAS DE MATRÍCULA:
Persoas non universitarias: 30 euros
Comunidade Universitaria: 19,5 euros
Persoas empadroadas en Bueu: 19,5 euros

MÁIS INFORMACIÓN:
ecoecoagro@uvigo.es
http://webs.uvigo.gal/economiaecoloxica

MATRÍCULA:
http://extension.uvigo.es/extension_gl/cultura/
Horas ECTS: 34,5
Créditos de Libre Elección: 1,0
Teléfono: 986 813 817
E-mail: xnvicext@uvigo.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s