Clasificación como veciñal en man común do Monte Veciñal del Salgueiro e Caldeliñas (Verín. Ourense)

caldelinas_VerinEDICTO do 24 de febreiro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas a favor dos veciños de Salgueiro e Caldeliñas, na parroquia de Vilamaior do Val (Santiago), no concello de Verín (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de decembro de 2016 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Denominación do monte: Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas.

Superficie: 21.954 m2 (aprox. 2,2 ha).

Pertenza: veciños de Salgueiro e Caldeliñas.

Parroquia: Vilamaior do Val (Santiago).

Concello: Verín.

1. Parcelas catastrais que conforman o monte e superficies:

Referencia catastral

Lugar

Superficie catastral (m2)

Superficie en clasificación (m2)

32086A035003300000SH

Souto Pecho

16.401

16.401

32086A035003330000SB

Souto Pecho

5.553

5.553

Total

21.954

21.954 m2

2,2 ha

Parcela 330.

Estremas:

Norte: polígono 34, parcela (9006): camiño da ermida dos Milagres.

Leste: polígono 35, parcelas: 332, 267, 268, 270, 271.

Sur: polígono 35, parcela 9006 (camiño).

Oeste: polígono 35, parcelas: 325, 326, 329.

Parcela 333.

Estremas:

Norte: polígono 34, parcela (9006): camiño da ermida dos Milagres. Polígono 35, parcelas: 334, 335, 336, 338, 339, 340.

Leste: polígono 35, parcela 9007 (camiño a fincas).

Sur: polígono 35, parcelas: 268, 267.

Oeste: polígono 35, parcela: 332.

Estes terreos non invaden, non forman parte nin estreman con ningún dos montes veciñais en man común clasificados ata a data, nin dos que están en trámite de clasificación.

Na zona non existen montes de utilidade pública nin se atopan zonas afectadas por consorcios ou convenios.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.


DOG nº53 do 16 de marzo de 2017

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s