Edificios do Concello de Ourense que teñen que pasar a Inspección neste ano 2017

Máis de 1.500 edificios construídos en Ourense hai máis de 37 anos deberán pasar a inspección técnica en 2017

Un total de 1.506 edificios sitos na cidade e perímetro rural terán a obriga este ano de realizar a inspección técnica de edificios (ITE). O Concello de Ourense, a través do Servizo de Urbanismo, expón ao público o listado de inmobles, que se pode consultar nas oficinas administrativas da ITE, na sede da Concellería de Urbanismo (na rúa García Mosquera, 19), ou na páxina web do Concello.

Esa exposición ten a consideración de notificación para os interesados, e conleva a obriga de realizar a correspondente inspección no transcurso do ano 2017. No caso de incumprimento será considerado como infracción urbanística sancionable segundo os termos da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia.

Con esta exposición o Concello avanza no fomento da conservación das edificacións construídas na cidade en termos de seguridade, prevención da degradación de contornas urbanas e incentivo da rehabilitación.

edificios_ourenseA propia ordenanza explica que o deber de conservación é unha manifestación inequívoca da función social que ten o dereito de propiedade urbanística porque as razóns de seguridade e de salubridade, e ata de ornato público, son valores sociais indubidables, polo que a acreditación do cumprimento do deber de conservación deriva naturalmente daquela función social.

Así, no marco dunha necesaria cultura da rehabilitación e mantemento, a inspección periódica ou técnica das edificacións (ITE), confígurase como un instrumento de tutela preventiva idóneo para potenciar o papel que a conservación debe xogar no mantemento da cidade e para evitar a progresiva degradación do patrimonio edificado, o deterioro urbanístico e social de determinadas áreas e a perda de identidade urbana asociada.

Calendario anual

O calendario para a realización das inspeccións técnicas de edificios é o establecido por acordo do Pleno do Concello, de 7 de xuño de 2013, no que se aprobou definitivamente a modificación da ordenanza municipal reguladora do deber de conservación, da inspección técnica de edificacións e da declaración de ruína do Concello de Ourense, que determinou os seguintes prazos:

Os edificios anteriores ó ano 1910, inclusive, e catalogados, con carácter voluntario durante o ano 2012 e xa, de forma obrigatoria ata o 31/12/2013.

  • Edificios entre 1911 e 1950, ambos inclusive, ata o 31/12/2014
  • Edificios entre 1951 e 1965, ambos inclusive, ata o 31/12/2015
  • Edificios entre 1966 e 1975, ambos inclusive, ata o 31/12/2016
  • Edificios entre 1976 e 1980, ambos inclusive, ata o 31/12/2017
  • Edificios entre 1981 e 1986, ambos inclusive, ata o 31/12/2018
  • Edificios posteriores a 1987, ambos inclusive, durante 2019

Obrigas dos propietarios

A ordenanza municipal establece a obriga formal dos propietarios de edificacións de acreditar o cumprimento do deber de conservación imposto pola normativa urbanística e a propia Ordenanza mediante a obtención dun informe de inspección técnica da edificación expedido por técnico competente, co contido, na forma e nos prazos sinalados nela.

A obriga alcanza a todos os propietarios, persoas físicas ou xurídicas, titulares de calquera tipo de edificacións situadas no termo municipal de Ourense, con independencia do seu uso ou destino, agás as declaradas en situación de ruína ou sometidas a expediente contraditorio de ruína mentres non exista resolución firme.

O informe expresará se a edificación reúne as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanquidade e consolidación estruturais, así como as de habitabilidade nas que debe manterse en función do seu uso.

O propietario da edificación deberá acompañar o informe coa correspondente ficha técnica de edificacións, na que se detallarán os datos urbanísticos e arquitectónicos, réxime de ocupación e de propiedade da leira, conforme ao modelo oficial aprobado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s