Os montes veciñais en man común veranse afectados por unha nova modificación da Lei de Montes de Galicia

06/12/2016 – Xunta

A Consellería do Medio Rural impulsa unha modificación da Lei de Montes para facilitar un mellor uso das plantacións individuais nestes terreos

Tamén en relación cos aproveitamentos forestais, outra nova disposición contribuirá a axilizar as correspondentes autorizacións administrativas, dando, ao tempo, unha maior seguridade xurídica aos seus titulares


montes-do-morrazoA Consellería do Medio Rural fará posible, mediante unha modificación normativa, o aproveitamento dunhas 5.000 hectáreas de monte galego, o que permitirá xerar un valor de arredor de 45 millóns de euros. Será a través dunha nova disposición introducida na Lei de Montes a través do anteproxecto de lei de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

En concreto, o cambio facilitará un mellor uso das plantacións individuais nos montes veciñais en man común. Así, trátase de propiciar o aproveitamento de parcelas situadas no interior destes terreos forestais por parte de particulares que as plantaron a título individual. Será para plantacións realizadas antes da entrada en vigor da Lei de Montes.

Tamén en relación cos aproveitamentos forestais, outra nova disposición contribuirá a axilizar as correspondentes autorizacións administrativas, dando, ao tempo, unha maior seguridade xurídica aos seus titulares. Trátase dunha medida que facilita a concesión de permisos de aproveitamento sen prexuízo de terceiros propietarios ou titulares de dereitos de aproveitamento. Isto evitará moitos contenciosos e clarificará a verdadeira titularidade dos aproveitamentos forestais.

Esta modificación únese a outras que tamén teñen por obxectivo ordenar e protexer do mellor xeito posible o territorio forestal, dotar de maior seguridade xurídica aos propietarios do monte e axilizar a tramitación administrativa.

Nesta liña vai, por exemplo, outro dos cambios propostos (referido ao artigo 54 da Lei de Montes) e que afonda nunha mellor definición das propiedades forestais, delimitando máis claramente tanto os montes veciñais como os particulares. Así, simplifícanse os trámites para o deslindamento (delimitación dos límites) destes terreos, o que repercutirá na calidade e no abaratamento súa xestión.

Carballeiras

Tamén se modificará o artigo 2 da devandita Lei de Montes para propiciar unha mellora e clarificación do control dos aproveitamentos forestais nos terreos de solo rústico de especial protección agropecuaria. Isto faise pensando especialmente nas carballeiras ou plantacións doutras frondosas.

Ata o de agora, a normativa aplicable nestes predios á hora de realizar aproveitamentos de madeira e doutros recursos tipicamente forestais non resultaba suficientemente clara, o que estaba a condicionar o axeitado control destes aproveitamentos. Ademais, búscase garantir a trazabilidade da madeira, co conseguinte beneficio para propietarios e consumidores.

En parecidos termos, cambiarase a redacción do artigo 67 para acadar unha regulación máis efectiva das diferentes plantacións forestais, que mesmo se poderán controlar por decreto. Avaliarase como se adaptan as diferentes especies ao terreo, tanto desde a perspectiva económica como ambiental e mesmo paisaxística. Isto facilitará a ordenación do espazo forestal namentres non se aproben os respectivos plans de ordenación dos recursos, en cada caso.

O anteproxecto de lei de medidas fiscais, administrativas e de ordenación tamén contempla outras melloras normativas, ao flexibilizar a finalización de consorcios ou convenios, ampliando o prazo para a súa cancelación e incentivando a constitución de sociedades de fomento forestal (Sofor), axilizar os procedementos de actualización dos lindeiros dos montes veciñais en man común ou incluír expresamente os modelos silvícolas no artigo específico sobre os instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s