Subvencións da Deputación de Pontevedra para os montes da provincia

15/12/2016 – Campogalego.com

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, destaca que as subvencións buscan que as comunidades de montes próximas se poñan de acordo para organizar en conxunto a prevención dos lumes. Pídese tamén a implicación dos Concellos

montes_vilardevosA Deputación de Pontevedra destinará un total de 1,2 millóns de euros para unha liña de axudas dirixida ós montes da provincia. O organismo provincial financiará tanto accións de prevención dos lumes coma explotacións complementarias á madeireira, xa sexan gandeiras, micolóxicas ou doutro tipo.

O anuncio das novas axudas, que se convocarán previsiblemente no primeiro trimestre do 2017, chegou hoxe por parte do vicepresidente do organismo provincial, César Mosquera. “Este proxecto é moi querido, ambicioso e novidoso, xa que pretendemos actuar en zonas amplas. O monte é o gran esquecido e esta intervención pública desde a Deputación é moi necesaria e oportuna”, asegurou.

A superficie mínima de actuación será de 50 hectáreas, nun intento de potenciar a colaboración entre comunidades de montes próximas

Liñas de axudas
As axudas orientaranse a dúas liñas. A primeira, con 360.000 euros de dotación, dirixirase a financiar a redacción de proxectos de intervención no monte. A segunda liña, con 840.000 euros, servirá para apoiar tarefas de prevención de incendios, posta en valor paisaxística do monte, así como actuacións sobre o solo e revexetación. Tamén haberá apoios para explotacións complementarias, como poden ser as micolóxicas, de cultivos de froitos ou as gandeiras.

Unha das esixencias para optar ás subvencións será que o ámbito de actuación acade un mínimo de 50 hectáreas, polo que serán fundamentais os acordos entre diferentes comunidades de montes. A intención é crear ámbitos globais de actuación. “Metémonos nun terreo inexplorado pero necesario. Se hai un incendio, aínda que unha zona estea ben, se todo o de arredor está mal, non serve para nada”, advertiu Mosquera.

Papel dos Concellos
Os beneficiarios das subvencións serán as xuntas de montes, mais os concellos tamén deberán implicarse na xestión e na colaboración económica. A intención é que, dado que é preciso unir terreos de diferentes comunidades, sexan os gobernos locais os que, como entidades colaboradoras, lle faciliten as xestións ós interesados con ferramentas e persoal.

“As xuntas de montes están a facer esforzos que non poden asumir. A intervención pública é oportuna e necesaria” (César Mosquera)

As xuntas de montes están a facer esforzos que non poden. Despois dos incendios do 2006, algunhas non teñen nada para vender. Se queremos mellorar un pouco o monte, non podemos deixar a pelota exclusivamente no seu tellado porque non poden. Creo que esta intervención pública da Deputación é moi necesaria e oportuna”, insistiu Mosquera.

O nacionalista subliñou que a Deputación recibiu nos últimos días a autorización da Xunta de Galicia (administración competente na materia) para poder abrir a liña de axudas provincial, polo que nos vindeiros días se lle remitirán as bases das liñas de subvención aos concellos para que realicen as súas aportacións. Estímase que no mes de febreiro poderán estar xa aprobadas.

A gran novidade é que nesta convocatoria vanse xuntar os 600.000 euros previstos para 2016 xunto con outros 600.000 incluídos no orzamento da Deputación para 2017.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s