A Xunta decide crear unha Axencia da Industria Forestal que dependerá da Consellería de Economía

06/12/2016 – Campogalego.com

Desconcerto entre o sector forestal de base pola división de competencias no monte. Os colectivos de propietarios e empresas de servizos pregúntanse cales van ser as funcións da nova Axencia da Industria Forestal

sector_forestal_GaliciaA decisión tomada nun recente Consello da Xunta de crear unha Axencia da Industria Forestal, que dependerá da Consellería de Economía e que asumirá algunhas das competencias sobre o monte que tiña a Consellería do Medio Rural, está a xerar desconcerto entre parte do sector forestal.

Colectivos de propietarios forestais e empresas de servizos pregúntanse que funcións asumirá a Axencia, pois carecen de información e descoñecen se parte das axudas ligadas ó Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) van pasar a ser xestionadas polo novo organismo. A cuestión ten a súa importancia, pois a creación da entidade non se espera ata o mes de febreiro, o que sen dúbida retrasaría parte das convocatorias de subvencións ligadas á xestión forestal.

A creación da Axencia da Industria Forestal foi saudada como unha boa noticia polos colectivos que representan ás empresas de transformación da madeira, a patronal Confemadera Galicia e o Cluster da Madeira de Galicia, que se felicitaron porque unha das súas tradicionais reivindicacións fose tida en conta.

O Cluster, en nota de prensa, destacaba que a Axencia pasaría a asumir as competencias ligadas coa transformación industrial, en tanto Medio Rural continuaría a levar a política contraincendios e a xestión forestal.

Petición de reunión
No sector forestal de base, sen embargo, carecen desas certidumes e hai a intención de pedir en conxunto unha reunión coa conselleira do Medio Rural e co conselleiro de Economía para aclarar a situación. Tamén se interesarán polo perfil de persoa que vai dirixir a Axencia, pois entenden que debe ser alguén que coñeza o sector e a Administración.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s