O PXOM do Concello de Moaña xa está vixente na súa totalidade

22/11/2016 – Consellería de Medio Ambiente

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio traslada esta decisión á alcaldesa da localidade, no transcurso dunha reunión celebrada esta mañá

En xullo de 2011 a Xunta publicaba unha Orde de aprobación definitiva parcial que abarcaba un 97% do territorio do concello

O pasado 3 de novembro a Xunta recibiu o Documento de Refundido do Plan Xeral coa información e documentación sobre os ámbitos que estaban en suspenso

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de emitir a orde que permite aprobar os ámbitos suspendidos do Plan Xeral de Moaña, e que vén a dar cobertura ao 3% do plan suspendido. Deste xeito, este concello pontevedrés conta cun plan xeral en vigor na súa totalidade.

aerea_moanaEsta decisión da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo foi trasladada pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, á alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, coa que mantivo unha reunión esta mañá en Santiago, na que lle entregou a Orde de Aprobación Definitiva da Áreas do Plan Xeral de Ordenación deixadas en suspenso.

Mato Otero recordou que ao abeiro do establecido na Disposición Transitoria 2ª da Lei do solo de Galicia, os plans aprobados provisionalmente antes da entrada en vigor desta lei poderán continuar coa súa tramitación ata a súa aprobación definitiva.

O Concello de Moaña remitiu o Documento de Refundido do plan Xeral, información e documentación que a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio analizou –dende o 3 de novembro- para poder redactar a orde que hoxe se aproba, despois de comprobar que se subsanaron as deficiencias sinaladas.

A conselleira trasladou o apoio e colaboración da Administración galega, que quedou patente nas distintas reunións celebradas entre os técnicos da Secretaría xeral e do Concello, mesas de traballo nas que analizaron os avances que se rexistraban en relación coas demandas que recollía a Orde de aprobación definitiva parcial de xullo de 2011 e que abarcaba un 97% do plan.

Lembrou que na Orde de Aprobación Definitiva Parcial quedaron pendentes de aprobación 8 dos 15 solos urbanizables propostos polo concello de Moaña no PXOM, ao non estar convenientemente xustificados ou parcialmente suxeitos á diversas afeccións sectoriais de augas e infraestruturas.

Tal e como recolle a orde de aprobación, en relacións coas determinacións en solo urbano, na fronte costeira cómpre axustar a clasificación como solo urbano -dado o seu grado de urbanización e transformación- ao deslinde marítimo terrestre actualmente vixente.

Por outro lado, a conselleira recordou que a Xunta traballou con celeridade nesta orde para permitir que se restableza a actividade industrial das empresas presentes na zona portuaria de Moaña con todas as garantías posibles.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s