Modificación do PXOM do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificacion puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito da empresa Lonza.

lonzaO Pleno municipal, en sesión extraordinaria do 10 de novembro de 2016, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito da empresa Lonza, na parroquia de Torneiros, concello do Porriño, co acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM no ámbito da empresa Lonza, na parroquia de Torneiros.

2º. Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, dous xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do Concello.

3º. Dar traslado ao órgano competente en materia de urbanismo da Conselleria de Medio Ambiente para a realización das consultas previstas no documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, dar audiencia aos municipios limítrofes e solicitar os informes sectoriais autonómicos preceptivos.

4º. Solicitar a emisión dos seguintes informes sectoriais:

– Dirección Xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

– Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

5º. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derriba no ámbito da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que achen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislacion vixente, polo que se somete o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante a publicación do Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos e en dous diarios de difusión na provincia.


DOG nº222 do 21 de novembro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s