Estes días en Bruxelas fálase do monte comunal

A Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común participan na I asemblea europea en defensa dos bens comúns.

Stop-Expolio-a-los-Bienes-ComunalesEstes días decorre en Bruxelas a primeira asemblea europea en defensa dos bens comúns, unha cita na que haberá presenza galega a través do BNG e a Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común. Nun comunicado, a fronte nacionalista sinala que vai reclamar que os gobernos galego e español deixen de ameazar coa privatizacion dos bens e recursos colectivos.

É a primeira asamblea que se reúne a nivel europeo na defensa dos Bens Comúns, bens e recursos colectivos, que se ven amenazados por decisión gubernamentais que apostan pola privatización. No foro debateranse fórmulas para crear unha rede europea dos Bens Comúns.

A portavoz nacionalista en Europa, Ana Miranda, explicará en Bruxelas a situación única en Europa dos montes en man común en Galiza, acompañada de Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común.

Os gobernos deben identificar, crear, administrar, rexenerar e coidar os bens comúns, e non ameazalos con privatizalos e especular, como pasou en Galiza coa Lei galega de Acuicultura, con Corcoesto, coa amenaza sobre novos proxectos mineiros especulativos, coa ameaza de especulación, no monte ou coa privatización da auga”, afirma Miranda.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s