Apertura do prazo de solicitudes para a pesca da lamprea nos ríos Ulla e Tea 2017

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as ordes pola que se fixa a normativa para a práctica da pesca da lamprea nos ríos Ulla e Tea e se fixa a data para o sorteo para a adxudicación dos postos de pesca para a colocación de estacadas no Tea

A lamprea é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento polo que se establece un réxime especial para a súa captura

Os titulares interesados en exercer a pesca nestas zonas deberán presentar a súa solicitude nos próximos 15 días, contados a partir de mañá

O período hábil de pesca varía segundo a pesqueira no río Ulla e estenderanse desde o 2 de xaneiro ata o 6 de maio

No Tea o período hábil de pesca será entre o 23 de xaneiro e o 29 de abril
 

coto_pescaSantiago, 10 de novembro de 2016.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio abre o prazo de presentación de solicitudes para a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Ulla e Tea. Así o anuncia hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) onde se publican as ordes das ditas normativas para autorizar a pesca da lamprea e fixa o período para a tempada de 2017.

A lamprea (Petromizon marinus) é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no que se seguen a utilizar procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies.

A pesca no Ulla

O DOG publica a orde na que se establece a normativa que se aplicará ás pesqueiras tradicionais situadas no río Ulla –actualmente 28-.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días, contando a partir de mañá. Os pescadores deberán estar en posesión da correspondente licenza de pesca e contar co permiso de 4ª categoría para cada día e pesqueira. Como é habitual, xunto cos permisos, entregarase un libro de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto e estar sempre a disposición das autoridades competentes.

O período hábil de pesca será o seguinte:

– Nas pesqueiras de Areas (Herbón): do 2 de xaneiro ao 25 de marzo.
– No treito comprendido desde a pesqueira As Vellas (Herbón) ata a pesqueira da Trapa (Herbón), ambas incluídas: do 30 de xaneiro ao 22 de abril.
– No treito comprendido desde as pesqueiras da Caseta e Furado (Carcacía) ata a pesqueira de Lampreeiro, paraxe das Pesqueiras (Reis) todas incluídas: do 6 de febreiro ata o 6 de maio.

As redes só poderán estar colocadas desde as 20,00 horas ata as 08,00 horas. Prohíbese a realización dos labores de pesca -debendo levantarse as redes das pesqueiras- desde as 08,00 horas dos sábados ata as 20,00 horas do luns.

Normas de captura no Tea

O DOG tamén publica hoxe a orde na que se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para a pesca da lamprea nas augas do río Tea.

As lampreas péscanse desde pontóns de madeira (estacadas) autorizadas previamente. En cada unha pescan 4 persoas, un posto ao que os pescadores acceden mediante un sorteo previo.

Ao igual que no Ulla, o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días a partir de mañá, e os pescadores deberán estar en posesión da correspondente licenza e autorizados con permisos de 4ª categoría. Tamén deberán estar en posesión do libro de rexistro de capturas, debidamente cuberto e a disposición das autoridades.

O sorteo para a adxudicación dos postos de pesca para a colocación de estacadas no Tea terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o 13 de xaneiro de 2017, ás 11 horas.

Neste caso, o período hábil de pesca estenderase do 23 de xaneiro ao 29 de abril e realizarase en días alternos: o luns, mércores e venres desde as estacadas impares; e martes, xoves e sábados desde as pares. Prohíbese a pesca desde as 8,00 horas dos domingos ata as 21,00 horas dos luns.


DOG nº214 do 10 de novembro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s