Aprobación do regulamento da Lei do Solo de Galicia

O DOG publica o decreto polo que se aproba o regulamento da Lei do Solo, que unifica xestión, planeamento e disciplina

O texto lexislativo entrou en vigor en marzo deste ano e establecía o prazo dun ano para desenvolver o regulamento

Deste xeito, a Lei do solo 2/2016 convértese na primeira da historia de Galicia co seu propio regulamento

Santiago, 9 de novembro de 2016.O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se aproba o regulamento da nova Lei do solo de Galicia, que entrará en vigor no prazo dun mes.

urbanismo_lalinCon esta publicación, dáse cumprimento á disposición final 5ª do texto lexislativo, que entrou en vigor en marzo e que establecía o prazo dun ano para poñer en marcha este regulamento.

Trátase dun regulamento integral, que inclúe a xestión, o planeamento e a disciplina, o que facilitará considerablemente a súa aplicación, xa que unifica e substitúe aos tres regulamentos que existen actualmente: os estatais de planeamento e xestión, vixentes desde 1978; e o autonómico de disciplina, aprobado en 1999.

O seu obxectivo é facilitar a aplicación da Lei entre os axentes que interveñen na transformación do territorio: técnicos das administracións, arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros, rexistradores, etc. Ao mesmo tempo, clarifica a interpretación do texto lexislativo e aporta seguridade xurídica, a través de elementos como a definición de conceptos urbanísticos homoxéneos para todos os concellos, ou o modelo de ficha resume con todos os datos que contempla un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Deste xeito, a Lei 2/2016 do solo convértese na primeira da historia de Galicia que conta co seu propio regulamento, redactado polo mesmo persoal técnico da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo que redactou o texto lexislativo e que estivo traballando, paralelamente, nestes dous textos que conforman o novo marco normativo urbanístico galego.


DOG nº213 do 9 de novembro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s