Cursiño de cultivo de cogomelos en Beariz (Ourense)

20/10/2016-La Región

nucleo_rural_A_Abeleira_BearizOs veciños de Beariz terán a oportunidade de achegarse ó mundo dos cogumelos e ó seu cultivo ó traverso dun cursiño de micoloxía que promove o Concello e que dará comezo esta mesma fin de semana. “O ano pasado fixeramos unhas xornadas de introducción ó coñecemento das setas e tiveran moita aceptación, con máis de 30 persoas, e por elo agora decidimos ampliar o programa”, apunta Tomás Sancho, tenente de alcalde do municipio. Neste sentido, transmitiráselle ós participantes unha idea dos métodos de cultivo e da riqueza micolóxica que existe no monte, coa idea fundamental da importancia que teñen as produccións de cogumelos a nivel agrícola.

Así, os veciños terán coñecemento de que “o aproveitamento das setas pode proporcionar ingresos económicos complementarios á producción de madeira de calidade, mediante a plantación de frondosas autóctonas ou coníferas, tipo castiñeiro ou carballo”, indica o voceiro do goberno municipal de Beariz. Deste xeito, os cursillistas aprenderán as diferentes técnicas que se levan a cabo para o cultivo dos fungos nos troncos destas especies arbóreas e tamén en restos forestais (micorrización), a partir dun saco de cultivo e seguindo todo o proceso dende a inoculación do fungo ata a incubación e producción final.

Tomás Sancho manifesta que “este proceso é lento, pero os resultados xa se poden ver nun prazo máximo de dous anos, cando xa os cogumelos están a crecer, e ise é momento de proceder ó seu envasado e comercialización”. Por outra banda, preténdese que os participantes poidan contribuir directamente á mellora da xestión dos montes, concretamente procurando a conservación destes recursos micolóxicos á hora de realizar correctamente as técnicas silvícolas de poda, roza de maleza e limpeza do soutobosque.

O cursiño será impartido por expertos e levarase a cabo os días 21 e 22 do presente mes e os días 4 e 5 de novembro, e inclúe un obradoiro de cociña e conservación dos cogumelos, nun local habilitado polo propio Concello de Beariz.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s