Avances na tramitación do PXOM de Lugo

06/10/2016-Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Lugo dan un paso máis na tramitación para a aprobación do Plan Xeral na súa totalidade

muralla_LugoA Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de remitir ao goberno local un informe técnico que constitúe o punto de partida para subsanar os reparos da orde que deixou en suspenso o 5% do planeamento

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de trasladar ao concello de Lugo o informe técnico que a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu en relación aos ámbitos e determinacións deixados en suspenso pola Orde de aprobación definitiva do PXOM de Lugo do 29 de abril de 2011.

O informe solicitado polo concello de Lugo enmárcase no ofrecemento que fixo a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, ao concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro, no transcurso dun encontro mantido o pasado mes de maio.

Este encontro serviu para resolver dúbidas e acordar os criterios entre ambas administracións de cara a dar cumprimento a Orde de 2011 que deixou en suspenso o 5% do PXOM. No mesmo, tamén se valorou a Orde de abril de 2013 que suspendeu o prazo para resolver a aprobación definitiva do PXOM ata que o concello incorporase os estudos hidrolóxicos-hidráulicos esixidos pola Confederación Hidrográfica Miño–Sil, que permitan grafar todas as canles afectadas das áreas cuestionadas.

Ámbalas cuestións foron tidas en conta no informe elaborado polos técnicos da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo que, no prazo dun mes desde que o solicitou o concello, fixeron unha análise completa dos reparos urbanísticos, co fin de dar resposta ao goberno local e, deste xeito e de forma coordinada, avanzar na resolución da aprobación definitiva do PXOM de Lugo.

Do informe técnico despréndense avances, xa que foron subsanadas varias indicacións referentes ao solo urbano non consolidado recollidas na Orde de 2011, así como outros reparos ou contradicións existentes respecto aos solos urbanizables: 17 residenciais e 5 industriais cuestionados, así como tamén nos 68 solos de núcleo rural que tamén requiren modificacións. Quedan pendentes de subsanación outras cuestións, xa que seguen a incluírse solos urbanizables illados, o cal está expresamente prohibido dende as Directrices de Ordenación do Territorio, ou clasifícanse como urbanizables ámbitos merecentes dalgunha protección especial.

Tamén se recolle que, aínda que a capacidade residencial do PXOM de Lugo non se impugna explicitamente, resulta cuestionada de xeito implícito na Orde de abril de 2011, ao impugnarse numerosos ámbitos de solo urbanizable e de núcleo rural, xa que segundo o informe da Confederación Hidrográfica Miño-Sil deberase representar o trazado e as zonas de protección de todas as canles do municipio e as láminas de inundación. Mentres non se realicen os estudos hidrolóxicos-hidráulicos que permitan grafar todas as canles afectadas ou, no seu defecto, aportar xustificación respecto da zona de fluxo preferente, non é posible comprobar a inundabilidade das áreas cuestionadas.

Dende a Xunta valórase o traballo achegado polo concello como un punto de partida, á espera de que o Concello incorpore no documento do PXOM os estudos hidrolóxicos- hidráulicos esixidos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s