Novo PXOM para o Concello das Nogais (Lugo)

ORDE do 21 de setembro de 2016 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal das Nogais (Lugo).

as_nogaisO Concello das Nogais eleva para a súa aprobación definitiva o Plan xeral de ordenación municipal, conforme o previsto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo Concello das Nogais e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

1. Antecedentes.

1.1. Planeamento municipal vixente.

O Concello das Nogais non dispón na actualidade de planeamento municipal, polo que están vixentes as Normas subsidiarias e complementarias da provincia de Lugo.

1.2. Tramitación.

1. Con data do 23.12.2008 iníciase na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o procedemento de avaliación ambiental estratéxica coa presentación polo promotor do documento de inicio. O 23.12.2008 elaborouse o documento de referencia previsto no artigo 9 da Lei 9/2006, do 28 de abril.

2. Constan informe técnico municipal do 22.1.2010, respecto da calidade técnica da ordenación proxectada, e informe do secretario-interventor municipal do 22.1.2010.

3. O 29.1.2010 o Concello en Pleno acordou aprobar inicialmente o PXOM das Nogais, incluíndo o informe de sustentabilidade ambiental (ISA); e sometelo a información pública durante dous meses, mediante anuncio no DOG do 8.3.2010.

4. Deuse audiencia aos concellos limítrofes e solicitáronse informes aos distintos organismos sectoriais, e obtívose resposta de:

• Concellos de Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.

• Demarcación de Estradas do Estado, Ministerio de Fomento.

• Servizo de Vías e Obras, Deputación de Lugo.

• Dirección Xeral de Telecomunicacións, Ministerio de Industria.

• Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Consellería de Medio Ambiente.

• Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Consellería de Medio Ambiente.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Consellería de Cultura e Turismo.

• Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Consellería do Medio Rural.

• Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.

• Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Consellería de Economía e Industria.

5. Constan no expediente certificados emitidos polo secretario municipal, de silencio en atención aos informes sectoriais solicitados, dos seguintes organismos:

• Delegación do Goberno en Galicia.

• Dirección Xeral de Montes.

• Augas de Galicia.

6. Mediante Resolución do 14.9.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, emítese a memoria ambiental (DOG do 9.12.2013).

7. Consta informe municipal do secretario interventor do 3.11.2015, previo á aprobación provisoria.

8. O 6.11.2015 o Concello en Pleno acordou aprobar provisoriamente o PXOM.

9. O 23.11.2015 solicítase a aprobación definitiva do PXOM das Nogais, de acordo co artigo 85.7 da LOUG. A SXOTU requiriu mediante escritos do 21.12.2015 e 8.4.2016 a emenda de deficiencias observadas canto á integridade documental.

10. O 22.4.2016 o Concello aproba provisoriamente documentación complementaria do plan xeral, que se remite a esta consellería o 3.5.2016.

11. Ábrese un novo período de exposición pública do documento aprobado polo Pleno do 6.11.2015 e das adaptacións aprobadas no Pleno do 22.4.2016, mediante anuncios no DOG do 9.6.2016; e nos xornais La Voz de Galicia (4.6.2016) e El Progreso (4.6.2016), así como no taboleiro de edictos.

12. Á vista desa exposición pública, en data 27.6.2016 requiriuse ao Concello que completase o expediente municipal e o 6.9.2016 emítese informe técnico.

13. O 9.9.2016 o Pleno do Concello aproba provisoriamente as modificacións derivadas do informe técnico do 6.9.2016.

14. O expediente administrativo presentado considérase completo.

2. Análise e consideracións.

Logo de analizar a documentación do PXOM das Nogais, aprobada provisoriamente polo Concello Pleno en sesións do 6.11.2015, 22.4.2016 e 9.9.2016, resulta:

2.1. Púidose constatar que as deficiencias observadas nos informes emitidos pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo foron tidas en conta e se introduciron as correccións necesarias para darlles cumprimento, especialmente canto a:

• Os límites do concello representados no documento coinciden cos do IXN.

•·Xustificouse a capacidade residencial do PXOM, dado que o crecemento está previsto fundamentalmente nos núcleos rurais e na consolidación do solo urbano e non se prevén novos solos urbanizables residenciais.

• Xustificouse a previsión do solo industrial SURB-i en atención á súa localización estremeira co solo urbano, con acceso inmediato desde a autovía A6, á súa reducida superficie, ao baixo impacto ambiental e á falta de rendemento agrícola, mesmo que non figure incluído no Plan sectorial de áreas empresariais de Galicia.

• Os sistemas xerais de espazos libres e equipamentos públicos e as dotacións locais cumpren co establecido no artigo 47 da LOUG.

• A identificación dos asentamentos e os criterios de delimitación do solo de núcleo rural son conformes co establecido no artigo 13 da LOUG.

• A clasificación e categorización do solo rústico resulta conforme o disposto ao respecto na LOUG.

2.2. Porén, observáronse dúas eivas: a falla de constancia nas zonas de fluxo preferente do solo urbano da suxeición ás limitacións de uso e edificación da lexislación hidráulica; e a discrepancia entre a ordenanza asignada na ficha e no plano ao ámbito de solo urbano non consolidado P3 (vivenda unifamiliar ou edificación mixta).

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG e no artigo 3.a en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

3. Resolución.

En consecuencia, á vista do anteriormente exposto e de conformidade co artigo 85.7.a) da LOUG,

RESOLVO:

1º. Aprobar definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal das Nogais deixando constancia expresa de que:

• Nas zonas de fluxo preferente grafadas nos planos de ordenación do solo urbano debe constar a suxeición ás limitacións de uso e edificación correspondentes contidas na lexislación hidráulica.

• No ámbito de solo urbano non consolidado P3 clarexarase a discrepancia entre a ficha e os planos canto á ordenanza de aplicación (vivenda unifamiliar ou edificación mixta).

2º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.


DOG nº14 de outubro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s