Cursos de micoloxía en Galicia neste outono 2016

A tempada micolóxica comeza a quecer motores. Aínda que parece que o verán non quere ceder espazo, o outono xa está aquí, así que anotade os cursos e/ou xornadas micolóxicas que está previsto que se celebren estes vindeiros meses en Galicia (iremos pouco a pouco actualizándoas):

III XORNADAS MICOLÓXICAS EN VEDRA – COGOMELAR

xornadas-micoloxicas-vedra-2016

  • Horario: 10 a 14 h
  • Prezo: 20 euros non soci@s, 15 euros soci@s (inclúe as saídas de iniciación)

24 de setembroO Mundo Russula

1 de outubroEstudo Macroscópico: Saída de campo, aproximación á identificación e uso de bibliografía

8 de outubroEstudo Microscópico: Saída de campo, recollida de exemplares e estudo microscópico dos fungos

Saídas de Iniciación á micoloxía

  • Horario: 16 a 20 h
  • Prezo: 10 euros non soci@s, 5 euros soci@s

24 de setembroCogomelos en Frondosas

1 de outubroCogomelos en Coníferas

8 de outubroCogomelos en Ribeira


LUNS MICOLÓXICOS EN RIBEIRA (A CORUÑA)

Así pois, dende este luns día 6 de outubro  e ata o luns día 24 de novembro (inclusive) estaremos tódolos luns á vosa disposición; nos achegaremos a partir das 20:30 ata as 22:00 polo Bar Plaza (na parte de arriba, non vos despistedes) en Ribeira, que convertiremos na nosa base de operacións micolóxicas para tentar achegarvos un poco máis ó fascinante e delicioso mundo dos cogomelos, aconsellándovos sobre especies a evitar, manuales de campo a empregar, caracteres dos cogomelos que nos van a axudar nas identificacións, etc…

http://refungando.blogspot.com.es/

micoloxia_ribeira_2016


CURSO BÁSICO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA “OS COGORDOS” – Ourense

xuntanza_micologos_os_cogordosEste luns comenzará  “O curso básico de iniciación a micoloxía”. As datas do curso serán:

3, 4, 5, 6, 7 , 10, 11, 13, 14, 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de outubro de 2016 de 17 a 19 horas ( 5 a 7 da tarde) e o sábado 29 de outubro de 2016 a clase práctica con saída guiada (Duración total do curso 40 horas).

O prazo para facer a matrícula rematará este luns 3 de outubro de 2016.

Os interesados deberán ir o local social da asociación  (rúa Parada Justel, 2- Soto – Ourense), onde cubrirán o formulario e abonarán os gastos de matrícula. Solo os luns a partires das 8 do serán (20,00 horas).

Os socios terán unha bonificación do 50% do importe do curso.
Calquer outra aclaración sobre este curso, os luns no noso local social.

Lugar: Local da Rúa Parada Justel, 2 soto, Ourense

Hora: A partires das 17,00 horas

Actividade para socios e público en xeral, suxeita a inscrición e pago de matrícula


FIN DE SEMANA MICOLÓXICA NO MONTE RAÑO. IRIXOA (A CORUÑA)

cartel_micoloxia_cambre_2016


FIN DE SEMANA MICOLÓXICO AS CORCERIZAS. VILAR DE BARRIO (OURENSE)

PROGRAMA

Sábado 22

  • Mañana,12:30 h. Charla introductoria con presentación audiovisual. (90 minutos de duración + coloquio).
  • Xantar comunitario (cada quen trae a súa comida)
  • Tarde: Saída ao campo polas inmediaciones do centro. Identificación in situ e posterior no taller.
  • Charlas e comentarios sobre a toxicidade e gastronomía micolóxica dos exemplares recollidos.
  • Cea
  • Velada para quen o desexe. Anímase a traer instrumentos musicais e letras con acordes das cancións favoritas.

Domingo 23 

  • Mañá. Excursión ao monte e identificación “in situ” e posta en común posterior no taller.
  • Comentarios, dúbidas e avaliación.
  • Xantar e despedida

DATAS: 22 e 23 de Octubre

HORARIOS: desde as 12:00 h. do sábado ata as 16:00 h. do domingo.

COMIDAS: Cea do sábado e almorzo e xantar do domingo. Os menús que ofertaremos durante esta actividade incorporarán cogumelos diversos para levar a experiencia micolóxica tamén ate o padal.

ALOXAMENTO: En literas en habitacións compartidas.

PREZO: 49,90 €

INSCRICIÓNS: Para formalizar a túa inscrición deberás adiantar 25€ en concepto de reserva. Podes facelo tanto por transferencia bancaria ou en cualquera das nosas oficinas de Ourense, Vigo ou nas Corcerizas.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS: Martes 18 de Octubre

+INFO: info@ascorcerizas.com / 988 374 318

micoloxia_corzerizas_2016


CURSO DE INTRODUCIÓN Á MICOLOXÍA DA UNIVERSIDADE POPULAR DE OURENSE

universidade_popular_micoloxia_2016Do 7 ao 17 de novembro de 2016 (25h)

  • Horario: De LUNS a XOVES de 16:00 a 19:00h
  • Lugar: Aula da Natureza do Río MIño (Oira), a uns 10-15 min a pé desde o centro de Ourense
  • Imparten: Rita Cid e Alba Dasairas

A partires deste LUNS día 3 de OUTUBRO de 2016 abrése a preinscripción da Universidade Popular de Ourense, na que se ofertan un total de 133 cursos presenciais e de teleformación on-line, todos eles a 33 €

Consultar cursos dispoñibles: http://www.educacionourense.com/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s