Oferta de cursos da Universidade Popular de Ourense 2016-2017

cursos_universidade_popular_2016-17FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN: http://www.educacionourense.com/upopular/?sec=upopular

A partires do vindeiro LUNS día 3 de OUTUBRO de 2016 abrése a preinscripción da Universidade Popular de Ourense, na que se ofertan un total de 133 cursos presenciais e de teleformación on-line, todos eles a 33 €  e enmarcados nas seguintes áreas: idiomas; novas tecnoloxías; corpo, saúde e calidade de vida; cultura, coñecemento, tempo libre e aficións, intervención social e formación para o emprego, actividades de tipo profesional e artesanía e obradoiros.

Consultar cursos dispoñibles: http://www.educacionourense.com/

PRAZO DE PREINSCRICIÓN

Do 3 ao 31 de outubro de 2016 con preferencia na orde de entrada da solicitude á hora de ter praza.
As persoas preinscritas despois desa data, quedarán en lista de espera.
A orde de selección será, ademáis de por orde de entrega e por estar empadroados no Concello de Ourense, a seguinte:
1º.- Parados/as, xubilados/as e amas/os de casa
2º.- Estudantes
3º.- Traballadores/as en activo.
Tanto parados como xubilados, amas de casa e estudiantes, acreditarán esa condición no momento en que lle sea solicitada.

PREINSCRICIÓN
•A preinscrición será online a través da web da Concellería www.educacionourense.com, cubrindo un formulario, que se colgará na web o día 3 de outubro ás 09:00 h, e recibindo un PDF de confirmación, co número de rexistro, data e hora da mesma.
•Prégase elexir, no posible, no formulario de preinscricion, a opción “correo electrónico” como medio de recibir a informacion de matriculación (por axilidade, rapidez, eficiencia e aforro administrativo)
•De ter algunha dificultade á hora de prenscribirse a través de Internet, poderase acudir á Concellería de Educación (Praza de San Martiño 2, 1º), en horario de 09:00 h a 14:00 h.
•Poderanse inscribir nun máximo de CATRO accións formativas.
•Non se poderán cambiar os cursos elixidos na solicitude de preinscrición, despois do 31 de outubro de 2016 (no caso de cambiar algun dato, deberán dirixirse á Concellería de Educación).

MATRÍCULA
33 € (no momento de confirmación de admisión, durante o mes anterior ao comenzo de cada actividade se lles notifica a admisión ás persoas que teñen praza)
• Unha vez formalizada a matrícula, non se devolverá o importe da mesma (agás no caso de anulación do curso por motivos organizativos).
* No caso dos obradoiros de artesanía o alumnado correrá tamén cos gastos de material.
*No caso dos cursos Fitoterapia, Cociña vexetariana e Tapas, pinchos e canapés, haberá tamén gastos -materia prima/consumición- que serán asumidos polo grupo de alumnos.
* No caso dos cursos de Teleformación online será necesario que o alumnado dispoña de ordenador propio e conexión a Internet; xa que se trata de cursos non presenciais.

PARA OBTER O DIPLOMA ACREDITATIVO SERÁ NECESARIO ASISTIR AO 85% DAS HORAS TOTAIS DO CURSO
No caso dos cursos online, obter o diploma acreditativo dependerá da superación do curso, mediante informe de avaliación do profesorado.

UBICACIÓN DAS AULAS DE UNIVERSIDADE POPULAR
•Aula da Universidade Popular “Zona As Lagoas”:
Rúa Vasco da Ponte Nº1, o lado do conservatorio
•Aula da Universidade Popular “Avda. Bos Aires”:
Rúa Xoan de Novoa, entre o Nº14 e o Nº18, esquina
de Celso Emilio Ferreiro con Avda. Bos Aires
•Aula da Universidade Popular “Edificio Anexo á Escola
de Artes Escénicas”:
Rúa Canle S/N, por riba do Auditorio

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s