Exposición pública do PXOM de Gondomar (Pontevedra)

_concello_GondomarExponse ao público por un período de DOUS MESES, a partires da súa publicación no BOP (6 de setembro de 2016), o BORRADOR do PXOM do Concello de Gondomar, aos efectos de lle facer as suxestións que a veciñanza, os colectivos veciñais e sociais, os grupos políticos, etc., estimen pertinentes.

A documentación correspondente estará a disposición das persoas e dos colectivos interesados nesta mesma Páxina Web e no Departamento de Urbanismo do Concello, así como nos diferentes centros veciñais e parroquias e na Entidade Local Menor de Morgadáns nos horarios habituais destas entidades veciñais.


O PXOM representa o instrumento de ordenación integral do territorio de Gondomar ao abeiro da lei 2/2016 do Solo de Galicia coa finalidade esencial de mellorar substancialmente a calidade da ordenación urbanística e favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio, contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación, protexer e potenciar o patrimonio natural e culturas e garantir o dereito constitucional a desfrutar dunha vivenda digna.

A devandita lei, establece como fins propios da actividade urbanística os seguintes:

  • Asegurar que o solo se utilice en congruencia coa utilidade pública e a función social da propiedade, garantindo o cumprimento das obrigas e cargas legalmente establecidas.
  • Impedir a desigual atribución dos beneficios e cargas do plan entre os propietarios afectados e impoñer a xusta distribución destes.
  • Asegurar a participación da comunidade nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
  • Preservar o medio físico, os valores tradicionais, os sinais de identidade e a memoria histórica de Galicia.
  • Harmonizar as esixencias de ordenación e conservación dos recursos naturais e da paisaxe rural e urbana co mantemento, diversificación e desenvolvemento sostible do territorio e da súa poboación, para contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación.
  • Velar para que a actividade urbanística se desenvolva promovendo a máis ampla participación social, garantindo os dereitos de información e de iniciativa dos particulares, asegurando, en todo caso, a participación dos cidadáns e asociacións por estes constituídas para a defensa dos seus intereses e valores.
  • Conseguir a integración harmónica do territorio e protexer os valores agrarios, forestais e naturais e a riqueza e variedade arquitectónica fomentando o emprego das formas construtivas propias das diversas zonas e garantindo a súa integración no medio rural.
  • Fomentar a ordenación e mellora dos núcleos rurais, evitando a degradación e a perda das construcións tradicionais, favorecendo o uso e desfrute do medio rural.
  • Exercer as competencias das Administracións públicas conforme aos principios de cooperación, coordinación, asistencia activa e información recíproca, co obxectivo de garantir a plena aplicación e eficacia da normativa urbanística.

Partindo do diagnóstico realizado sobre a situación urbanística e a lexislación vixente, en concordancia coas Directrices de Ordenación do Territorio (en diante DOT) e baseándose nos estudos realizados sobre o territorio e nos plans e programas relacionados co mesmo e en concordancia coas directrices establecidas pola Corporación Municipal no marco da súa política urbanística, no presente apartado establécense os obxectivos, criterios e solucións xerais de ordenación para o municipio de Gondomar.


PLAN XERAL é a norma xurídica de obrigado cumprimento para a administración e administrados conforme á Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

Este borrador pretende ser o punto de partida dun novo PXOM que regule as accións e proxectos de renovación e crecemento do Concello de Gondomar.

IMPORTANTE: Este BORRADOR está exposto a título informativo para abrir o debate público sobre o modelo de ordenación territorial que queremos para o Gondomar do futuro a contruir entre todos e todas. Polo cal solicitamos a túa participación achegando as túas suxestións ao este borrador.

Descarga aquí o modelo de alegacións ao PXOM

CONSULTAR BORRADOR DO PXOM

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s