Finaliza a concentración parcelaria de Santo André de Ribadavia (Ourense)

13/08/2016-La Región

Esta reestruturación territorial supuxo o paso de 5.798 parcelas a 652 novos predios

concentracion_parcelaria_OrosoO director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, fixeron entrega esta mañá dos títulos de concentración parcelaria da zona de Santo André de Campo Redondo, una das parroquias do municipio de Ribadavia. Coa entrega destes títulos deuse por rematado o proceso de reorganización dos terreos desta localidade, que neste caso afectou a unha superficie total de 212 hectáreas. Entregáronse títulos aos 286 veciños beneficiados por este proceso.

Esta reestruturación territorial supuxo o paso de 5.798 parcelas a 652 novos predios, aumentando a superficie media por parcela, que pasou de ser de 365 a 3.251 metros cadrados.

O director xeral sinalou que grazas ás concentracións parcelarias mellórase a calidade de vida dos veciños ao verse renovadas as infraestruturas nas que viven. Ademais, ao verse ampliada a superficie media das súas parcelas aumenta a base territorial dispoñible e permite reducir custos de produción. O principal aproveitamento desta zona está dedicado ao viñedo, si ben é certo que da totalidade de hectáreas reestruturadas, a gran maioría pertencen a terreo forestal.


Provincia Nombre de la zona Última fase aprobada Superficie (Hectáreas) Más datos
Ourense Santo André de Campo Redondo Acordo Firme 212 Ver

DATOS BÁSICOS DE LA ZONA

Datos en revisión.

Municipio e Provincia: Ribadavia – Ourense   Superficie: 212 Hectáreas
Nombre de la zona: Santo André de Campo Redondo   Nº de Propietarios: 276
Fecha de aprobación del Decreto: 06/04/2000 (DOG 19/04/2000)   Nº de Parcelas (antigas): 6400
Última fase aprobada: Acordo Firme   Nº de Fincas (novas): 631
Fecha de firmeza de las Bases: 08/02/2005
Fecha de aprobación del Acuerdo: 08/02/2006 (DOG 09/03/2006)
Fecha del aviso de Toma de Posesión Provisional: DOG 08/03/2007
Fecha de firmeza del Acuerdo: 19/04/2010
Fecha de Entrega de Títulos:


http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s