Revisión de esbozos de montes veciñais en man común de Lugo

ANUNCIO do 21 de xullo de 2016, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 117/77 e trece máis.

montes_lugoComo consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión realizada polo xurado provincial o día 27 de xuño de 2016, figuran os seguintes acordos:

Monte Argán de Corvite, Curros da Chimenea e Veiga de Alaxe (expediente 117/77), pertencente aos veciños da parroquia de Corvite, do concello de Abadín, clasificado polo xurado con data 30 de outubro de 1978. Con data 21 de abril de 2016, tivo entrada un escrito presentado por Efrén Iglesias Iglesias, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 18 de maio de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Argán de Corvite, Curros da Chimenea e Veiga de Alaxe (nº 102), e queda o monte cunha superficie de 55,95 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Picato, Serra do Val e Carballal (expediente 74/77), pertencente aos veciños do lugar de Recesende, da parroquia de Recesende, do concello de Baralla, clasificado polo xurado con data 31 de marzo de 1978. Con data 21 de abril de 2016, tivo entrada un escrito presentado por Jesús Díaz González, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 10 de xuño de 2016, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Picato, Serra do Val e Carballal (nº 101 bis), e queda o monte cunha superficie de 149,81 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Amido (expediente 39/79), pertencente aos veciños da parroquia de Prevesos, do concello de Castro de Rei, clasificado polo xurado con data 14 de decembro de 1981. Con data 20 de abril de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Amido, e queda o monte cunha superficie de 160,18 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Santa Mariña (expediente 26/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, do concello de Guitiriz, clasificado polo xurado con data 31 de xullo de 1975. Con data 7 de agosto de 2015, tivo entrada un escrito presentado por María de la Luz García Miragaya, como presidenta da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 29 de marzo de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Santa Mariña (nº 62), e queda o monte cunha superficie de 740,90 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de San Salvador (expediente 33/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Salvador de Parga, do concello de Guitiriz, clasificado polo xurado con data 25 de agosto de 1975. Con data 23 de marzo de 2016, tivo entrada un escrito presentado por Sonia Rivas Cascudo, como presidenta da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 8 de xuño de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de San Salvador (nº 94), e queda o monte cunha superficie de 184,60 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía (superficie final tendo en conta as avinzas coas comunidades lindeiras). Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Trasparga (expediente 30/75), pertencente aos veciños da parroquia de Trasparga, do concello de Guitiriz, clasificado polo xurado con data 31 de xullo de 1975. Con data 23 de marzo de 2016, tivo entrada un escrito presentado por Alfonso Gabriel Blanco Torrado, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 8 de xuño de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Trasparga (nº 95), e queda o monte cunha superficie de 404,15 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía (superficie final tendo en conta as avinzas coas comunidades lindantes). Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Rubián (expedientes 25/77 e 2/2013 ampliación), pertencente aos veciños da parroquia de Rubián de Cima, do concello do Incio, clasificado polo xurado con data 31 de marzo de 1978 e ampliado o 27 de novembro de 2013. Con data 28 de marzo de 2016, tivo entrada un escrito presentado por Javier Mondelo Pérez, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 22 de maio de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Rubián (nº 88), e queda o monte cunha superficie de 51,42 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Salcedo e Bairán (expediente 10/75), pertencente aos veciños dos lugares de Salcedo e Bairán da parroquia de Salcedo, do concello da Pobra do Brollón, clasificado polo xurado con data 5 de xullo de 1975. Con data 7 de setembro de 2015, tivo entrada un escrito presentado por Teddy López Pedredo, como presidente da xunta reitora do monte (emendado posteriormente con data 21 de abril de 2016), no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 30 de maio de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Salcedo e Bairán (nº 65), e queda o monte cunha superficie de 492,69 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Olgueira, dos Castros, Pena Ourente e Fon da Barxa (expediente 104/80), pertencente aos veciños dos lugares de Andión, Granda e Outeiro, da parroquia de Silva, do concello de Pol, clasificado polo xurado con data 22 de marzo de 1982. Con data 22 de marzo de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Olgueira, dos Castros, Pena Ourente e Fon da Barxa (nº 99), e queda o monte cunha superficie de 50,82 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Balbón, Amorín e Pedralba (expediente 78/80), pertencente aos veciños da parroquia de Carazo, do concello de Pol, clasificado polo xurado con data 15 de xuño de 1981. Con data 17 de xuño de 2015, tivo entrada un escrito presentado por José González Carballedo, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que adxunta. Con data 5 de abril de 2016, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Balbón, Amorín e Pedralba (nº 53), e queda o monte cunha superficie de 194,55 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Serra de Candedo (expediente 83/80), pertencente aos veciños da parroquia de Gondel, do concello de Pol, clasificado polo xurado con data 15 de xuño de 1981. Con data 22 de marzo de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Serra de Candedo (nº 98), e queda o monte cunha superficie de 94,56 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte San Marcos e Regatiña (expediente 84/78), pertencente aos veciños da parroquia de Biville, do concello de Sarria, clasificado polo xurado con data 18 de xuño de 1979. Con data 28 de marzo de 2016, tivo entrada un escrito presentado por José Manuel Torres López, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 22 de maio de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte San Marcos e Regatiña (nº 89), e queda o monte cunha superficie de 61,48 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Vilapena (expediente 24/81), pertencente aos veciños da parroquia de Vilapena, do concello de Trabada, clasificado polo xurado con data 22 de marzo de 1982. Con data 9 de maio de 2016, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Vilapena (nº 104), e queda o monte cunha superficie de 590 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícanse os ditos acordos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.


DOG nº149 do 8 de agosto de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s