Delimitación do Núcleo Rural Complexo “A Lamasaída” (Concello de Maside)

Modificación puntual das Normas Subsidiarias Municipais de Maside, en A Lamasaída

Delimitación do Núcleo Rural Complexo “A Lamasaída” (Maside)

Unha vez aprobada a Modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Maside (Ourense), en Lamasaida, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en Data 23 de maio de 2.016, exponse ao público no BOP na súa totalidade, en cumprimento do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro de Ordenación Urbanística e protección do medio Rural de Galicia (LOUG).


ÍNDICE:

PREÁMBULO

01.- ANTECEDENTES

02.- ESTUDO DO MEDIO RURAL E MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL

2.1.- O MUNICIPIO DE MASIDE
2.2.- ELEMENTOS AMBIENTAIS.
2.3.- ELEMENTOS ESTRUTURAIS
2.4.- MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
2.5.- OBXECTO DA MODIFICACIÓN E PROPOSTA BÁSICA DE ORDENACIÓN
2.6.- CONVENIENCIA E XUSTIFICACIÓN DA MODIFICACIÓN. OBXECTIVOS

03.- DESCRICIÓN E AVALIACIÓN DO SISTEMA DE NÚCLEOS PROPOSTO

3.1.- A ESTRUTURA DO SISTEMA DE ASENTAMENTOS
3.2.- A CLASIFICACIÓN DE NÚCLEO RURAL

04.- DESCRICIÓN DOS OBXECTIVOS XERAIS E ESPECÍFICOS.

05.- ALCANCE E CONTIDO DA PLANIFICACIÓN DAS PROPOSTAS ALTERNATIVAS

5.1.- DIAGNOSE DA SITUACIÓN EN AUSENCIA DA INCORPORACIÓN DO NÚCLEO RURAL DE “A LAMASAÍDA”
5.2.- FUNCIÓN DA DELIMITACIÓN RESPECTO DA SITUACIÓN DE PARTIDA
5.3.- DELIMITACIÓN DO AMBITO TERRITORIAL NO QUE SE INTEGRARÁ A ÁREA DE INFLUENCIA
5.4.- ESBOZO DAS ALTERNATIVAS QUE SE VAN A AVALIAR NO PROCESO PLANIFICADOR

06.- DESENVOLVEMENTO PREVISIBLE DO PLANEAMENTO

07.- PROPOSTA DE MODIFICACIÓN

7.1.- MARCO LEGAL
7.2.- DELIMITACIÓN DO ASENTAMENTO
7.3.- ANÁLISE INDIVIDUALIZADO DO ASENTAMENTO
7.4.- XUSTIFICACIÓN DO GRAO DE CONSOLIDACIÓN POLA EDIFICACIÓN
7.5.- RELACIÓN DO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO E CULTURAL EXISTENTE NO NUCLEO RURAL DE “A LAMASAIDA”

08.- NORMATIVA DE APLICACIÓN NO AMBITO DA DELIMITACIÓN PROPOSTA

8.1.- NORMAS PARA OS DIVERSOS TIPOS DE CONSTRUCIÓNS
8.2.- CONDICIÓNS XERAIS PARA AS VIVENDAS UNIFAMILIARES ILLADAS
8.3- ORDENANZAS PARTICULARES PARA O NÚCLEO DELIMITADO
8.4.- ORDENANZAS PARA O NÚCLEO RURAL HISTÓRICO-TRADICIONAL
8.5.- ORDENANZAS PARA O NÚCLEO RURAL COMÚN
8.6.- CONDICIÓNS PARTICULARES PARA OS DIVERSOS TIPOS DE CONSTRUCIÓNS INCLUIDAS NO AMBITO DE PROTECCIÓN DE BENS CATALOGADOS

09.- ESTUDO ECONÓMICO FINANCEIRO

10.- CATÁLOGO DO PATRIMONIO CULTURAL

10.1.- ETNOGRAFÍA
10.2.- BENS DE ARQUITECTURA CIVIL

11.- FICHAS

11.1.- FICHAS DO EXPEDIENTE
11.2.- FICHAS DO CATÁLOGO
11.2.1.- PLANO DELIMITACIÓN CONTORNO DE PROTECCIÓN

12.- PLANOS


nucleo_lamasaida_maisdePREÁMBULO

Plantexase o presente traballo como unha modificación puntual do planeamento municipal vixente no concello de Maside, que consisten nunhas Normas Subsidiarias Municipais de Planeamento (en diante NSM), aprobadas en Outubro de 1985 pola Consellería de Vivenda e Solo, da Xunta de Galicia.

A existencia do núcleo rural de A Lamasaída, maís amplo do recoñecido legalmente, crea aos habitantes do mesmo así como aos propietarios de vivendas e terreos con claras características de asentamento poboacional que quedaron fóra da delimitación do núcleo rural orixinario, dificultades que dificilmente poden xustificarse. Tal situación levou á día de hoxe, a que algunhas zonas colindantes co lugar de A Lamasaída, non posúan recoñecemento normativo algún e polo tanto, urbanistica e administrativamente conleve unha serie de inconvenientes para os donos de vivendas e parcelas, polo que aplicaremos para o mencionado recoñecemento a normativa vixente en materia de urbanismo ditada ao efecto pola Xunta de Galicia e en concreto estaremos ao disposto pola lei 9/2002 de 30 de Decembro, e as suas posteriores modificacions ata a data da presente redacción.

A adecuación do contido da Lei á realidade contemporánea dos asentamentos rurais de poboación conleva a reformulación do concepto de núcleo rural. O novo tipo de Núcleo Rural Complexo, asentamentos recoñecibles como solo de núcleo rural, cun determinado grao de consolidación pola edificación, que presentan as características imprescindibles propias dos tradicionais, permite incorporar situacións de feito sobrevidas de antano, e que a día de hoxe constitúe un asentamento de poboación recoñecible como solo de núcleo rural, que se debe ampliar a fin de dar o mesmo tratamento administrativo e xurídico a todolos donos de parcelas e vivendas da delimitación.

Por outra banda a Lei 2/2010 do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificacións da LOUG refire os eixos fundamentais sobre os que se apoia a modificación da Lei 9/2002 de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

A ampliación do asentamento poboacional de A Lamasaída ó abeiro do novo marco legal, sitúan o procedemento necesario no marco das modificacións do planeamento, aínda que implique un troco illado da clasificación.

Promóvese a modificación puntual das súas Normas Subsidiarias de Planeamento a fin de aumentar, ó abeiro do marco legal e mediante o devandito procedemento, o ámbito da delimitación do núcleo rural de A Lamasaída.

A necesidade de redaccion da presente modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Maside ven xustificada pola desadecuación do planeamento vixente á realidade actual, coa intención de constatar unha realidade existente que tendo unha entidade poboacional dende hai xa moitos anos, que quedou recollida nas normas subsidiarias, se ben non en toda a súa extensión, polo que devén necesaria a tramitación da presente modificación.

Esta modificación adapta a legalidade as edificacións existentes, así como a súa estrutura parcelaria de feito, todo elo acorde coa nova lexislación, presentando un estudo individualizado que analice a sua morfoloxía, nivel de infraestructuración e dotacións existentes, usos do solo, espazo público, tipoloxía das edificacións, condicións topográficas, estrutura da propiedade, elementos suxeitos a catálogo, situación e identificación e, mediante documentación gráfica, se delimite o novo perímetro do asentamento poboacional, se pormenorice o trazado da rede viaria existente, así como as ordenanzas de aplicación, e en definitiva, se ordene pormenorizadamente o ámbito do núcleo rural de A Lamasaída.

(…)


BOP de Ourense nº174 do 30 de xullo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s