Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

biomonteNa seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.
As propostas deseñadas, en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coruxo (Vigo) e coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Carballo (Friol), presentáronse á busca de financiamento baixo a ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a creación e funcionamento de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. A Xunta de Galicia decidiu aprobar o Grupo Operativo de Innovación, GOI BIOMONTE, presentado pola CMVMC de Carballo, onde o GIEEA figura como axente de innovación.

O GOI BIOMONTE ten uns obxectivos xerais, entre os que están:

i) Incrementar a xestión da biomasa do monte galego propiciando a mitigación do cambio climático.
ii) Definir novos modelos de xestión da biomasa do monte galego que poñan en valor os recursos que na actualidade ou ben están ociosos ou ben non se valorizan o suficiente para as comunidades rurais.
iii) Incorporar á cadea de valor os residuos procedentes das podas e dos coidados dos xardíns urbanos e doutros espazos urbanos.

Pola súa banda, os obxectivos específicos do GOI BIOMONTE son:

a) A produción de estelas a partir da biomasa forestal residual producida no monte da CMVMC de Carballo e noutros montes próximos.
b) A produción de compost e outros substratos a partir do aproveitamento da biomasa en forma de mato existente no monte veciñal de Carballo e noutros montes próximos, e da achega de residuos vexetais procedentes das podas e coidados aos xardíns urbanos

Desde o mes de febreiro de 2016, a CMVMC de Carballo e o GIEEA veñen desenvolvendo diferentes actividades encamiñadas a ampliar o Grupo Operativo e a buscar solucións tecnolóxicas para a definir o plan de investimento co obxectivo de producir novos produtos con fins enerxéticos e de adubo orgánico.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s