Ampliación do prazo de exposición pública do PXOM de Chantada (Lugo)

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición pública do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Chantada (Lugo)

zona_antiga_chantadaI. Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 18 de marzo de 2016, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Chantada, nos termos que figuran no expediente e, así mesmo, acordou abrir un período de información pública por un período de dous meses, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e, ademais, en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

II. A Xunta de Goberno Local do 7 de xuño de 2016 adoptou o acordo seguinte:

Primeiro. Ampliar nun mes máis o período de información pública do PXOM aprobado inicialmente polo Pleno municipal o 18 de marzo de 2016, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e, ademais, en dous dos xornais de maior difusión da provincia. O mes empezará a computarse desde a inserción do anuncio no DOG.

Segundo. Dado que o anuncio para o prazo dos dous meses foi publicado no DOG do 7 de abril de 2016 e, por tanto, remata o 7 de xuño de 2016, desde esta data ata que comece o cómputo do novo prazo adicional dun mes, seguirá o PXOM en exposición pública e será aceptada a presentación de alegacións.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s