Clasificación como monte veciñal en man común o monte Campos de Alongos a favor dos veciños da parroquia de Alongos (San Martiño), Concello de Toén (Ourense)

EDICTO do 15 de xuño de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Campos de Alongos, a favor dos veciños da parroquia de Alongos (San Martiño), no concello de Toén (Ourense).

ayuntamiento-concello-toenEn cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 19 de febreiro de 2015, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Campos de Alongos a favor dos veciños da parroquia de Alongos (San Martiño), no concello de Toén (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 24 de marzo de 2009, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Cándido Gómez Vázquez, en calidade de presidente da CMVMC Agrela de Alongos, no concello de Toén, no que solicitan a clasificación como veciñal en man común do monte de varias parcelas.

Segundo. Con data do 11 de maio de 2010, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Con data do 5 de agosto de 2010, o Concello de Toén presentou escrito de alegacións contra o acordo de inicio do procedemento, no cal manifestaba que a parcela 214 do polígono 127 era da súa titularidade. Esta foi adquirida mediante escritura de compravenda outorgada con data do 19 de febreiro de 2002 e figura inscrita no Rexistro da Propiedade, polo que se solicitaba que non se incluíse no proceso de clasificación como veciñal en man común o monte coa denominación de Campos de Alongos.

Pola súa parte, na documentación achegada pola Comunidade de Alongos consta que a empresa Corviam, S.A. mercou a citada parcela como consecuencia dun proceso executivo instado contra Urvicosa, e posteriormente Corviam, S.A. vendeu a dita parcela co Concello de Toén. Así mesmo, a Comunidade de Alongos achegou a documentación na cal se inclúen os documentos particionais dos veciños que venderon as leiras a Urvicosa, e que probaría de acordo coa citada comunidade o seu carácter veciñal.

Non obstante, o Xurado entendeu que o carácter consuetudinario da parcela 214 do polígono 127 non foi acreditado polos veciños de Alongos, polo que a presenza das partillas resulta acreditativa do seu carácter privativo e non veciñal. Por tanto o Xurado se decidiu clasificar o monte coa denominación Campo de Alongos como veciñal en man común, excluíndo da dita clasificación a parcela 214 do polígono 127.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

  • Nome do monte: Campos de Alongos.
  • Pertenza: CMVMC da parroquia de Alongos.
  • Parroquia: Alongos (San Martiño).
  • Concello: Toén.
  • Superficie total: 74.080 m2 (7,4 ha).

1. Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie
a clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie
catastral (m2)

Toén

127

208

Ribeiras

64.282

64.282

9004

Camiño

655

655

191 (parte)

Ribeiras

1078

487

209

Ribeiras

2079

2079

128

9005

Río Miño

97.246

4.410

64

Beira do río

616

616

63

Beira do río

680

680

62

Beira do río

625

625

9001

Camiño

469

246

Superficie total para clasificar

74.080 m2

7,4 ha

2. Estremas:

Norte (parcelas numeradas de oeste a leste): río Miño.

Leste (parcelas numeradas de norte a sur):

– Polígono 128, parcelas: 60, 34 e 9001.

Sur (parcelas numeradas de leste a oeste):

– Polígono 128, parcelas 68, 67, 33 e 32.

– Polígono 127, parcelas: 9005, 178, 179, 180, 181, 182, 183, 184, 185, 186, 187, 188, 189, 190 e 191 (parte).

– Polígono 55, parcela 9001.

Oeste (parcelas numeradas de sur a norte):

– Polígono 127, parcela 214.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita lei: «son montes veciñais en man común (…) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento dos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Campos de Alongos a favor dos veciños da parroquia de Alongos (San Martiño), no concello de Toén (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº136 do 19 de xullo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s