Cancelación do convenio Xaxán, Fontela, Basil e outros da comunidade de montes de Domaio (Moaña)

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2016 pola que se cancela de oficio o convenio Xaxán, Fontela, Basil e outros, 3615525, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Domaio (Moaña, Pontevedra).

montes_DomaioAntecedentes

1º. O 25.11.1981 clasificouse o monte veciñal en man común Montes de Domaio, da comunidade de Domaio, no concello de Moaña (Pontevedra), cunha superficie de 805 ha.

2º. O 10.1.1995 aprobouse o convenio Xaxán, Fontela, Basil e outros, número 3615525, sobre as 805 ha do monte Montes de Domaio.

3º. O 29.6.2009 aprobouse o Plan técnico de xestión do monte veciñal en man común de Domaio, con número de rexistro 360072, que está en vigor na actualidade.

4º. De acordo co Servizo de Montes de Pontevedra, o convenio Xaxán, Fontela, Basil e outros non presenta débeda na actualidade.

5º. O 18.4.2016 o Servizo de Montes de Pontevedra notificou ao presidente da comunidade de montes veciñais en man común de Domaio que se lle abría un trámite de audiencia de 10 días hábiles, respecto da cancelación de oficio do convenio. Este prazo transcorreu sen que a comunidade presentase ningunha alegación.

6º. O 1.6.2016 a xefa do Servizo de Montes de Pontevedra propuxo a cancelación de oficio do convenio.

7º. O 15.6.2016 o director xeral de Ordenación e Produción Forestal propuxo a cancelación de oficio do convenio.

8º. O 27.6.2016 o letrado asesor da Consellería do Medio Rural informou favorablemente a proposta de cancelación de oficio do convenio.

Consideracións legais e técnicas

1º. A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu artigo 27 que á Comunidade Autónoma de Galicia correspóndelle a competencia exclusiva en materia de montes.

2º. O artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, confire aos conselleiros as atribucións relativas aos contratos de asuntos propios da súa consellería.

3º. Segundo o punto 1.a) da disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de cancelación de oficio nun prazo máximo de cinco anos, contados a partir da entrada en vigor da lei, en tres casos, entre os que se atopan os montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor da lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

4º. O punto 2 da mesma disposición transitoria indica que, previamente á cancelación do convenio ou consorcio, a Administración forestal elaborará e aprobará un instrumento de ordenación ou de xestión forestal, que garanta a continuidade da xestión forestal sustentable.

5º. Neste caso o monte xa posúe un plan técnico de xestión en vigor. Este instrumento, de acordo co artigo 8.18 da Lei de montes de Galicia, considérase un tipo de instrumento de ordenación ou de xestión forestal, polo que está garantida a continuidade da xestión forestal sustentable.

6º. Segundo o punto 5 da disposición transitoria novena da Lei 7/2012, as cancelacións de oficio publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería competente en materia de montes.

Vista a proposta formulada pola Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal,

DISPOÑO:

1º. Que se cancele de oficio o convenio Xaxán, Fontela, Basil e outros, 3615525, cunha superficie de 805 ha, de titularidade da comunidade de montes veciñais en man común de Domaio (Moaña, Pontevedra), de acordo co punto 1.a) da disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, por non presentar o dito convenio saldo debedor.

2º. Que a antedita cancelación sexa efectiva sen que o titular deba pagar cantidade ningunha á Administración, xa que o convenio non presenta débeda.

3º. Que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de reposición, con carácter potestativo, ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº135 do 18 de xullo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s