Época de perigo alto de incendios en Galicia

ORDE do 8 de xuño de 2016 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

lavida_llamas_incendioO artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios forestais en Galicia e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto, que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.

As análises espazo-temporais dos lumes forestais en Galicia nos últimos vinte anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria e, polo tanto, débense considerar como épocas de perigo alto de incendios:

– Unha época fixa no período estival, que se corresponde normalmente coa campaña de incendios, durante os meses de xullo, agosto e setembro.

– Unha época variable, cunha duración aproximada dun mes, que oscila normalmente entre os meses de febreiro, marzo e abril.

Nestas épocas o despregamento de medios de extinción e alerta deberá ser máximo, en función dos índices de risco.

A ampliación como período de perigo alto da época fixa no período estival, así como a declaración como perigo alto da época variable, requiren de mecanismos áxiles e eficaces que permitan dar a coñecer estas circunstancias de modo inmediato aos medios implicados nos traballos de prevención e defensa contra incendios forestais, xa que os índices de risco de incendios e as predicións meteorolóxicas de que se dispón na actualidade só permiten facer previsións fiables como máximo a tres días. Por isto, procede establecer un medio dotado de maior celeridade que permita o coñecemento xeral e a adecuada publicidade da previsión de novos períodos para ofrecer maior seguridade e garantías aos cidadáns.

Con base no exposto e ao abeiro do establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Época de perigo alto de incendios

Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2016 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase ao director xeral de Ordenación e Produción Forestal para ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar as ditas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº111 do 13 de xuño de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s