Toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña).

ANUNCIO do 3 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña).

concentracion_parcelaria_OrosoFinalizada a notificación e publicación do acordo de concentración parcelaria da zona dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña), dado que xa foron resoltos e notificados os recursos presentados, e vista a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios de substitución con data do 2 de maio de 2016.

Todas as persoas interesadas tomarán posesión dos seus terreos obrigatoriamente, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia da estimación dos recursos de alzada que prosperen.

Se algún propietario impide ou obstaculiza a toma de posesión dos novos predios de substitución no prazo que se indica neste aviso, poderá ser obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento persoal por escrito, sen prexuízo das sancións económicas que se lle poidan impoñer.

Os interesados poderán reclamar, xuntando unha medición pericial asinada por persoa técnica competente, sobre as diferenzas superiores ao dous por cento (2 %) entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais que se contarán a partir da data en que os predios se poñan á súa disposición.

Os prazos para a toma de posesión son os seguintes:

a) Para a zona de monte, recoméndase chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario para a retirada das árbores existentes nos predios. No caso contrario, deberán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo máximo de seis meses desde a publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia (DOG), logo da petición ao Servizo de Montes do preceptivo permiso e do informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no caso de seren especies autóctonas protexidas, sen prexuízo das demais autorizacións que legalmente procedan. Así mesmo, deberán adoptarse as medidas relativas á prevención de incendios forestais previstas na lexislación vixente.

Transcorrido o prazo de seis meses sen se retiraren, entenderase que as árbores pertencen ao propietario do novo predio.

b) Para os labradíos sen colleita pendente, prados, pastos e montes sen arboredo: o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

c) Para os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.


DOG nº112 do 14 de xuño de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s