Inicio da tramitación do expediente de clasificación dos montes O Casal e Peimouros a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente (Concello de Pontevedra)

ANUNCIO do 6 de xuño de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes denominados O Casal e Peimouros, solicitado a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente, concello de Pontevedra, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

comunidade_montes_MourenteO Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 30 de xuño de 2015 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Mourente.

Nome do monte: O Casal.

Polígono 126, parcela 67.

Cabida: 1.526 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: predios particulares de Hdros. de Fernando López Cortegoso, Ramón Maceira Filgueira, Ángela Lage Ríos e Ramón Martínez Vázquez.

Sur: predios particulares de Eliseo Janeiro Sotelo e Margarita Fortes.

Leste: predio particular de José Rey Rey.

Oeste: camiño a Montecelo e Vilaverde.

Nome do monte: Peimouros.

Polígono 160, parcela 150.

Cabida: 1.008 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: predios particulares de Juan Solla Tomé, José Iglesias Filgueira, Luis González Villaverde e Carmen García García.

Sur: predios particulares de Basilio Casal Pichel.

Leste: camiño do Monte a Cons.

Oeste: predio particular de Dolores Solla Rey.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución de dita lei.


DOG nº116 do 20 de xuño de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s