O relevo xeracional trae á innovación á xestión do monte comunal

20/06/2016-La Voz de Galicia

«O monte non é noso, nós somos parte do monte, un activo máis»

O relevo xeracional trae novas filosofías á xestión do terreo en man común

Posmarcos_Pobra_CaraminalApunta Alberto Pego, presidente da comunidade de montes de Posmarcos, na Pobra do Caramiñal, que ese modelo asembleario que proclama a nova política non é, nin moito menos, novo, leva décadas aplicándose en entidades como a que el encabeza xunto cun equipo de cinco persoas desde hai tres anos. Sen embargo, que o concepto veña de vello non quere dicir que non haxa marxe para a renovación, e o relevo xeracional que se está a producir en algúns colectivos da bisbarra está a introducir novas ideas e novas filosofías sobre a xestión do territorio, que, no caso de Posmarcos, Pego resume en poucas palabras: «O monte non é noso, nós somos parte do monte, somos un activo máis».

Esta é a base das motivacións que, un bo día, levaron a Alberto Pego e aos seus compañeiros a presentar a súa candidatura para coller as rendas da asociación sen ningunha experiencia neste tipo de tarefas: «Vivimos nunha aldea na que o monte está moi presente, sempre tiven unha relación moi estreita con el».

Así que a natureza forma parte practicamente da súa xenética, e a iso uniuse que o labor na entidade está a resultar moi gratificante. Tanto que Pego tamén está presente na xunta rectora da mancomunidade Serra do Barbanza e na organización galega, de maneira que pode falar da situación dos comuneiros con coñecemento de causa: «O gran problema non é a falta de unidade, na sociedade hai un grande descoñecemento do que é o monte veciñal e iso é un lastre. O maior problema é que non somos coñecidos, nin pola sociedade nin polos partidos políticos, estamos en campaña e ninguén fala do monte».

Diversas xornadas

Isto enlaza cun dos grandes proxectos que ten en carteira a xunta rectora da comunidade de Posmarcos. Problemas de saúde que tiveron ao presidente afastado do monte varios meses retrasaron a posta en marcha dunha iniciativa que deron en chamar Descubre o monte en man común e que ten o xerme no interese do equipo directivo por acabar con ese descoñecemento do que fala Pego.

O primeiro paso xa o deron cunha xornada sobre os medios de extinción de incendios e as actividades que desenvolven a través dos campamentos de verán, nos que procuran «que os rapaces saiban onde están, que é o monte comunal e como funciona». Neste sentido teñen previstas novas actividades relacionadas con distintas cuestións, como as especies autóctonas ou as enerxías renovables e que esperan poder levar a cabo, se non é neste mandato, no seguinte.

Pero para dar a coñecer o terreo veciñal, Alberto Pego cre que hai que dar pasos en outros ámbitos: «Habería que comezar por cambiar a lei. En España non está recoñecida a propiedade en man común, fálase da propiedade privada colectiva, pero non ten nada que ver. O monte é noso non polo feito de ter, senón por estar, non é algo que poidamos mercar. Un comuneiro non ten nada, forma parte do monte e todo é de todos».

Os lumes forestais

Dentro desta filosofía da concepción e a xestión do territorio hai outra máxima moi interesante que se aplica en Posmarcos: «Nós sempre dicimos que os incendios apáganse no inverno».

Reinvisten o 58% dos beneficios que lle reporta a superficie que xestionan porque «ao monte non só se lle pode quitar, tamén lle hai que dar» e teñen a dúas persoas traballando de xaneiro a xuño en tarefas de limpeza e desbroce co fin de previr os lumes: «Preocupados polos incendios estamos sempre, pero creo que estamos preparados».

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s