O GDR-23 Mariñas-Betanzos abre o Proceso Participativo para o deseño da súa estratexia

PROCESO PARTICIPATIVO PARA O DESEÑO DA ESTRATEXIA RURAL DO GDR 23 MARIÑAS-BETANZOS

reunionEstamos a elaborar a Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Traballaremos coas diferentes mesas sectoriais nas que están agrupadas todas as entidades socias da Asociación Mariñas Betanzos, co obxectivo de presentarlles as principais novidades deste Programa e o proceso a seguir na elaboración desta Estratexia.

Animámosvos a todas e a todos a participar neste traballo conxunto, co obxectivo de conseguir unha estratexia de futuro para o noso territorio, agardando poder contar cunha alta participación tanto das entidades asociadas ao GDR Mariñas Betanzos como de todas as interesadas en participar neste proceso e que queiran adherirse á nosa Asociación, como do público en xeral.

Para elo, temos elaborado unha ficha de participación social cun breve cuestionario da Estratexia de Desenvolvemento Rural do Programa LEADER 2014-2020.

Podes cubrir unha FICHA que atoparás no enderezo web que indicamos a continuación e enviárnola a través do correo electrónico a info@marinasbetanzos.org


Se queres unha información máis detallada sobre o proceso podes poñerte en contacto co Equipo Técnico no teléfono 981 669 541 ou ben manda un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org

Máis información sobre o proceso: https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/proposta-leader-2014-2020/proceso-participativo-no-deseno-da-estratexia/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s