Inicio do expediente de clasificación do monte A Costa (Concello de Dozón. Pontevedra)

ANUNCIO do 20 de maio de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado A Costa, solicitado a favor dos veciños do lugar da Eirexa, da parroquia do Sisto, concello de Dozón, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

mapa_galicia_dozonO Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 30 de xuño de 2015, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Dozón.

Parroquia: O Sisto.

Lugar: A Eirexa.

Nome do monte: A Costa.

O monte da Costa está formado por dúas parcelas catastrais de forma irregular e separadas por camiño.

Parcela 307, polígono 1.

Cabida: 31.880 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Salvador Sobrino Golmar (parcela 444).

Sur: camiño público.

Leste: camiño público.

Oeste: camiño público.

Parcela 308, polígono 1.

Cabida: 2.528 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: camiño público.

Leste: camiño público.

Oeste: camiño público.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información xulguen convenientes e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.


DOG nº107 do 7 de xuño de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s