Aprobación Definitiva do PXOM de Mañón (A Coruña)

ORDE do 18 de maio de 2016 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Mañón (A Coruña)

manonO Concello de Mañón remite o Plan xeral de ordenación municipal para a súa aprobación definitiva, conforme o previsto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Examinada a documentación achegada e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

1. Antecedentes

Por Orde do 31 de marzo de 2016, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, resolveu non aprobar definitivamente o PXOM, sinalando unha serie de deficiencias.

O Concello Pleno do 21 de abril de 2016 aprobou provisionalmente o PXOM que corrixe esas deficiencias e que foi obxecto de informes municipais xurídico e técnico.

2. Análise e consideracións

Logo de analizar o expediente administrativo e os documentos que integran o PXOM de Mañón aprobado provisionalmente o 21 de abril de 2016; e posto en comparación coas observacións formuladas na Orde CMAOT do 31 de marzo de 2016, púidose comprobar o cumprimento de todo o solicitado, nomeadamente canto á:

– Clasificación e determinacións do solo urbano.

No porto do Barqueiro, os terreos comprendidos na anterior área AR-03 de solo urbano non consolidado clasifícanse como solo rústico.

No urbano non consolidado PB-01 AR-01, limítase a ocupación pola edificación á parte norte do ámbito que está en contacto simultáneamente co núcleo do Barqueiro e o desenvolvemento ao longo da rúa da Cruz, mantendo libre de edificación a zona sur non apantallada e evitando o crecemento en dirección á costa e a formación de pantallas. O Plan especial de desenvolvemento someterase aos informes vinculantes dos órganos competentes en materia de protección do patrimonio, ordenación do litoral e paisaxe.

– Clasificación e determinacións do solo urbanizable.

Suprímense os solos urbanizables delimitado S-01 e non delimitados UND-1 e UND-02, que pasan a ser reclasificados como solo rústico.

– Clasificación e determinacións do solo de núcleo rural.

Co fin de que non se produzan crecementos lineares entre asentamentos polinucleares, delimítase conforme á LOUG o núcleo rural histórico-tradicional e axústase a delimitación de núcleo rural común en 02.30 Gueimonde, 02.43 San Martiño de Abaixo, 03.11 O Carballo, 03.34 Malvide, 03.57 Xuncal e 05.01 As Augas-Sión.

Co fin de que non se produzan delimitacións artificiosas, axústase ou suprímese a parte común dos núcleos 02.03 Ambosores; 02.12 O Campo; 02.16 Casateite; 02.19 Castiñeiras; 02.20 Os Castros; 02.32 A Insua; 03.06 O Barqueiro; e 03.12 O Camiño-O Gruñido.

– Adaptación ao Plan do litoral e á lexislación de costas.

Cumpríronse as observacións sinaladas, sempre que no ámbito do espazo de interese paisaxístico da Estaca de Bares e Pena do Campelo recollido no POL (agás a explotación mineira existente no seu límite sur clasificada como solo rústico de protección ordinaria) se engada a especial protección paisaxística.

O Regulamento xeral de costas aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, derrogado, substituirase polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro.

Xa que logo, do exame da documentación aprobada provisionalmente polo Concello Pleno de Mañón en sesión do 21 de abril de 2016, púidose constatar que as deficiencias observadas na Orde CMAOT do 31 de marzo de 2016 foron tidas en conta e que se introduciron as correccións necesarias para darlles cumprimento.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 LOUG e no artigo 3.a) en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

3. Resolución

En consecuencia, e de conformidade co artigo 85.7.a) da LOUG,

RESOLVO:

1º. Aprobar definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mañón deixando constancia expresa de que:

– No ámbito do espazo de interese paisaxístico da Estaca de Bares e Pena do Campelo recollido no POL (agás a explotación mineira existente no seu límite sur) engadirase a especial protección paisaxística ás restantes consideradas.

2º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

4º. Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº106 do 6 de xuño de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s