Aprobación definitiva da delimiación do solo de núcleo rural de Santa Baia de Anfeoz (Concello de Cartelle, Ourense)

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación de solo do núcleo rural de Santa Baia de Anfeoz, do concello de Cartelle (Ourense)

delimitacion_nucleo_CartelleO Concello de Cartelle, conforme o establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), remite novamente o expediente de referencia para a súa aprobación definitiva.

Unha vez analizado o expediente remitido polo Concello de Cartelle, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes:

I.1. O Concello de Cartelle non conta actualmente con planeamento xeral, polo que son de aplicación as normas complementarias e subsidiarias da provincia de Ourense, aprobadas definitivamente o 3 de abril de 1991.

I.2. A tramitación da delimitación de solo de núcleo rural foi a seguinte:

• Consta informe técnico municipal, do 20.12.2011.

• O Concello Pleno do 26.1.2012 aprobou a proposta de delimitación do solo de núcleo rural de Santa Baia de Anfeoz e someteuna a información pública durante un mes mediante anuncios no DOG do 1.3.2012 e nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo dos días 6 e 7 de marzo de 2012. Non se presentou ningunha alegación.

• Constan informes favorables da Deputación Provincial de Ourense do 6.9.2012 e do 7.5.2015.

• Constan informes da Axencia Galega de Infraestruturas da CMATI do 28.9.2012, 22.10.2014 e 6.5.2015, desfavorables, e do 15.10.2015, favorable.

• Constan informes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30.7.2013, desfavorable, e do 16.5.2014, favorable, condicionado á incorporación de medidas protectoras.

• Constan informes municipais técnico e xurídico do 28.10.2015.

• O Concello Pleno do 24.11.2015 aprobou provisionalmente a delimitación de solo de núcleo rural.

• O 4.3.2016, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, unha vez analizada a documentación da delimitación do solo de núcleo rural, solicitou ao concello a documentación pertinente para resolver as deficiencias sinaladas.

• Constan novos informes municipais técnico e xurídico do 14.3.2016.

• O Concello Pleno do 16.3.2016 aprobou provisionalmente o documento refundido da delimitación de solo de núcleo rural de Santa Baia de Alfeoz.

II. Análise e consideracións:

II.1. Conforme o establecido no número 2 da disposición adicional segunda da LOUG, un ámbito de 86.958,11 m2 delimítase como núcleo rural complexo de Santa Baia de Anfeoz: 13.123,40 m2 corresponden a solo de núcleo rural histórico-tradicional e o resto, 73.834,71 m2, a solo de núcleo rural común.

II.3. O estudo individualizado do núcleo rural de Santa Baia complétase cunha ficha na cal se recolle a información urbanística.

II.4. Conforme o establecido no artigo 56.1.d) da LOUG, regúlanse os usos, o volume e as condicións hixiénico-sanitarias dos terreos e das construcións, así como as características estéticas das edificacións e do seu contorno mediante as correspondentes ordenanzas.

II.5. Conforme o previsto no artigo 13.3.b) da LOUG, xustifícase diferenciadamente o cumprimento do grao de consolidación pola edificación nos solos cualificados como núcleo rural histórico-tradicional e como núcleo rural común.

II.6. No plano de infraestruturas e vías reflíctense as aliñacións da rede viaria pública, grafando as aliñacións consolidadas por edificacións tradicionais que se deben manter.

II.7. No expediente acredítanse os requisitos establecidos pola disposición adicional 2ª.2 da LOUG para a delimitación dos núcleos rurais.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 3.a) en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución:

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación do solo de núcleo rural Complexo de Santa Baia de Anfeoz, do concello de Cartelle.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº104 do 2 de xuño de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s