Deslindamento da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios (O Porriño): Segundo treito

ORDE do 3 de maio de 2016 pola que se aproba o segundo treito do deslindamento parcial dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño.

deslinde_atiosExaminado o expediente do segundo treito do deslindamento parcial dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño, e tendo en conta os seguintes

Antecedentes.

Primeiro. Os montes pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño, clasificáronse como resultado de varios actos do Xurado Provincial de Montes de Pontevedra. Inicialmente, o 13 de xaneiro de 1987, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra clasificou os montes Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala e Cerola, Faro e outros, como montes veciñais en man común a favor dos veciños desta parroquia.

O 28 de abril de 2004 clasifícanse como veciñais en man común os montes das Culcas e Torreiro da Guía, así mesmo, a favor da CMVMC de Atios.

O 15 de decembro de 2004, o mesmo Xurado Provincial, e como resultado dun recurso de reposición da Comunidade de Atios contra resolución citada no parágrafo anterior, clasifícanse as parcelas de Rape, Roxo, Pereiro e Torreiro de Vilafría.

Con data do 5 de novembro de 2010 recíbese escrito da CMVMC de Atios solicitando a práctica do deslindamento dos montes clasificados a favor desta comunidade.

Por sentenza 36/2012, do 9 de febreiro, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, condénase a Consellería do Medio Rural a que tramite, ultime e resolva o expediente de deslindamento de todos os montes veciñais en man común clasificados a favor dos veciños da parroquia de montes de Atios.

Segundo. O Servizo de Montes presenta, con data do 30 de xaneiro de 2014, proposta de execución da 2ª fase, ano 2014, do deslindamento do MVMC de Atios, O Porriño, e a súa execución autorízase por resolución do secretario xeral de Medio Rural e Montes do 7 de febreiro de 2014.

O procedemento administrativo seguido axústase ao descrito polos artigos 47 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que establece no seu artigo 49.6 que «calquera procedemento de deslindamento que realice a Administración forestal desenvolverase conforme este procedemento».

O anuncio do deslindamento, do 17 de febreiro de 2014, aparece publicado no DOG nº 43, do 4 de marzo de 2014. Nel faise constar a referencia á resolución aprobatoria, data, hora e lugar para o comezo do apeo, nome do instrutor, emprazamento aos interesados no apeo e anuncio de apertura de período de 30 días naturais para a presentación de documentación acreditativa da propiedade do monte ou parte del por quen se considere con dereito a ela.

Na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar publicáronse avisos deste anuncio, con ligazóns ao seu texto completo.

Así mesmo, solicitouse a inclusión do anuncio no taboleiro do Concello do Porriño.

Notifícase mediante correo certificado con dous intentos de entrega a 198 estremeiros identificados e devólvense 42 notificacións non entregadas.

Terceiro. Durante os períodos de presentación de documentación abertos polos dous anuncios do deslindamento, solicitouse a información dispoñible na Delegación de Pontevedra do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común referente á CMVMC de Atios, e presentouse documentación de 20 propietarios particulares.

A fin de completar a información de localización das parcelas afectadas, requiriuse a varios comparecentes a referencia catastral das parcelas por eles declaradas. A información fornecida incorporouse á documentación anterior.

Cuarto. O 23 de abril de 2014 iniciouse o apeo de lindes no lugar e hora indicados, estando presentes representantes da Comunidade de Atios, do Concello do Porriño, de comunidades veciñais en man común estremeiras de Atios e propietarios de monte.

Atendendo a unha solicitude presentada pola Comunidade de Atios, pospúxose á conclusión do apeo completo da liña principal o levantamento dos encravados próximos ao tramo percorrido nesta fase.

O apeo realizouse durante os días 23, 24, 29 e 30 de abril e 5, 6, 8, 13, 15 e 16 de maio de 2014, e redactáronse 10 actas correspondentes unha a cada día de apeo.

Na liña principal levantáronse 210 piquetes numerados correlativamente do 146 ao 355 e percorreuse un perímetro de 12.306 m.

Cando existiu discrepancia coa liña proposta pola Comunidade de Atios e se presentou reclamación solicitando a súa modificación, as liñas correspondentes a estas reclamacións identificáronse co número do piquete da liña principal máis próximo ao seu comezo, ao cal se agregou unha letra, en progresión ascendente e en forma correlativa desde a letra A, para cada piquete da liña auxiliar. Como consecuencia, levantáronse 10 piquetes auxiliares.

Durante a práctica das operacións de apeo presentáronse as seguintes 30 alegacións:

Acta do 23.4.2014:

4.1. Novás Oya, Segundo: alega que o seu representado é propietario de parcela non recoñecida pola Comunidade.

4.2. Comunidade de Atios: mostra a súa desconformidade coa liña alternativa sinalada cos piquetes 147A e seguintes, pois delimitan unha parcela que invade terreos clasificados a favor da Comunidade.

4.3. Rodríguez Fernández, Valentín, en representación de Fernández González, Carmen: alega que a súa representada é propietaria de parcela non recoñecida pola Comunidade.

4.4. Comunidade de Atios: mostra a súa desconformidade coa devandita liña auxiliar pois invade o monte veciñal clasificado.

4.5. Rodríguez Fernández, Valentín alega que existe unha sentenza que adxudica a propiedade desta parcela á súa representada.

4.6. Comunidade de Atios: manifesta que os terreos a que se refire Valentín Rodríguez, obtidos e recoñecidos por sentenza, son outros diferentes aos delimitados polos piquetes auxiliares supracitados.

Acta do 29.4.2014:

4.7. Concello do Porriño: oponse porque a localización proposta para este piquete (nº 158) está dentro da superficie aproveitada como canteira, o cal está en contra da resolución de clasificación ditada polo Xurado Provincial de Montes no ano 1986, que exclúe expresamente as superficies destinadas a canteiras. Presentarán alegacións.

4.8. Comunidade de Atios: manifesta que se exclúen as canteiras existentes no momento de ditarse a resolución, o que non é coincidente co estado actual destas, polo que o devandito punto está dentro do que se determinou como monte veciñal ao ditarse a citada resolución e que, ademais, é coincidente co esbozo anexo á resolución de clasificación.

Acta do 5.5.2014:

4.9. Comunidade de Atios: achega plano xeorreferenciado de localización dos piquetes 178 a 180 inaccesibles.

4.10. Giráldez Novás, Amable: alega ser propietaria de parcela afectada por deslindamento.

4.11. Comunidade de Atios: non está recoñecida pola comunidade, no que afecta á devandita liña alternativa, pois supón unha invasión de monte veciñal clasificado.

4.12. Comunidade de Atios: reitera a alegación anterior.

Acta do 8.5.2014:

4.13. Correa Tourón, Manuel, en representación de Novás Varela, Jesusa: di que a súa representada é propietaria de parcela non recoñecida pola comunidade de Atios.

4.14. Correa Tourón, Manuel: revisada a situación da parcela reclamada, está de acordo cos piquetes levantados.

4.15. Martínez Fernández, José Manuel, en representación de Fernández Oya, Carmen: di que a súa representada é propietaria de terreo non recoñecido pola comunidade de Atios.

4.16. Comunidade de Atios: oponse á devandita liña alternativa, pois que a liña trazada pola comunidade entre os piquetes 288 e 289 está claramente delimitada por un muro e existe, ademais, un marco que reflicte o límite da propiedade, polo que a porción de monte afectada pola delimitación da liña alternativa levantada supón unha clara invasión de monte veciñal.

4.17. Martínez Lago, Manuel, en representación de Fernández Oya, Carmen: di ser incorrecta a liña auxiliar levantada cos piquetes 288, 288A, 288B e 289 e pide a súa anulación, e considera como correcta a liña entre os piquetes 288 e 289.

Acta do 13.5.2014:

4.18. Porto Oya, Ramón, en representación de herdeiros de Carmen Fernández González: achega copia parcial de escritura de doazón de bens, incorporada á acta. Así mesmo, achega sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Vigo, incorporada á acta.

4.19. Comunidade de Atios: a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nada resolve sobre titularidades pois que absolve por existiren dúbidas suficientes canto a que as árbores cortadas fosen de allea pertenza, polo que nada achega canto á acreditación da titularidade; e canto á escritura parcial de doazón, hai que sinalar que se achega fóra do prazo sinalado para iso e que tampouco se deduce dela que a liña da comunidade invada os ditos terreos.

4.20. Campos Varela, Francisco: di ser propietario e representar a Campos Varela, Amelia e Campos Varela, Celsa, propietarias de parcelas non recoñecidas pola comunidade.

4.21. Comunidade de Atios: mostra desconformidade coa devandita liña alternativa pois que supón unha clara invasión de monte veciñal clasificado.

4.22. Campos Varela, Francisco: alega presentar documentación e referencia catastral en rexistro público.

Acta do 16.5.2014:

4.23. Concello do Porriño: non está de acordo coa liña perimetral proposta pola CMVMC de Atios e propón unha liña alternativa.

4.24. Comunidade de Atios: mostra a súa desconformidade coa devandita liña alternativa pois que exclúe terreos clasificados a favor dacomunidade por resolución de clasificación de 1987.

4.25. Concello do Porriño: considera de titularidade municipal os terreos localizados ao oeste desta liña por estaren ocupados por canteiras e explotacións industriais en congruencia coa resolución do Xurado Provincial de Montes de 1987, confirmada por sentenza do Tribunal Supremo.

4.26. Comunidade de Atios: oponse á localización deste piquete (nº 157A), pois se adentra no monte veciñal clasificado sen seguir a súa liña de delimitación de acordo coa resolución de clasificación, e de acordo con esta liña está a deixarse fóra do deslindamento un gran número de hectáreas do monte veciñal clasificado. Así mesmo, sinala que non se está conforme coa linde determinada neste piquete pois que non é de titularidade descoñecida senón que se trata de monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Atios.

4.27. Comunidade de Atios: alega desconformidade coa liña proposta polo Concello, pois unha vez pechada esta deixa fóra do deslindamento terreos clasificados a favor da Comunidade e dentro dos terreos excluídos inclúese un gran número de hectáreas forestais, como se pode apreciar no percorrido dos piquetes determinados polo Concello, o que evidencia a contradición desta liña coa resolución de clasificación, pois estas liñas rectas trazadas non delimitan o perímetro das canteiras existentes no momento en que se ditou a resolución de clasificación no ano 87, o que supón unha alteración do contido da resolución de clasificación, o que en ningún caso se pode efectuar a través do deslindamento e, por último, sinala que ademais estas liñas rectas trazadas dividen artificialmente una mesma parcela catastral que integra o monte veciñal clasificado; de todo o cal se infire a errónea delimitación do monte que fai esta liña proposta polo Concello.

4.28. Concello do Porriño: achega cartografía correspondente á clasificación de 1987 que deixou excluída da clasificación do monte os terreos dedicados a explotación de canteiras e actividades industriais, cartografía na cal basea a liña proposta.

4.29. Comunidade de Atios: en relación coa achega documental, faise fóra do prazo fixado polo correspondente edicto publicado no DOG, polo que non se debe proceder á súa admisión.

4.30. Comunidade de Atios: manifesta que non se está de acordo coa linde identificada no piquete 157B, que o concretaba como descoñecido, pois a devandita linde, de acordo con esa liña trazada polo Concello, é a propia Comunidade de Montes de Atios, o que evidencia o erro.

Quinto. Concluído o apeo e o procesamento da información topográfica nel recollida, de acordo co determinado polo artigo 49.4 da Lei de montes de Galicia, no DOG nº 124, do 2 de xullo de 2014, publícase anuncio do 18 de xuño de 2014 polo que se abre período de vista pública deste expediente de deslindamento e presentación de alegacións de 20 días naturais.

O aviso deste anuncio apareceu publicado na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

O citado anuncio remitiuse ao Concello do Porriño para a súa exposición no taboleiro de anuncios, onde permaneceu do 3 de xullo de 2014 ao 22 de xullo de 2014, de acordo coa certificación emitida por ese Concello con data do 2 de decembro de 2014.

Así mesmo, enviáronse notificacións persoais, mediante correo certificado con dous intentos de entrega, a 160 interesados no expediente.

Presentáronse 8 alegacións ao expediente:

5.1. Cabaleiro Fernández, Mónica, achega documentación:

Escritura de agrupación de parcelas. Inclúe datos rexistrais e catastrais das parcelas:

– Polígono 29, parcela 408, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 32154 e 23873.

– Polígono 29, parcela 409, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 33400.

– Polígono 29, parcela 410, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 34672.

– Polígono 29, parcela 412, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 16988.

– Polígono 29, parcela 413, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 30394.

– Polígono 29, parcela 421, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 35216.

– Polígono 29, parcela 10207, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 27811.

Certificación catastral, polígono 29, parcela 408.

Escritura de compravenda con inscrición rexistral das parcelas: 35479 e 6600 do Porriño.

Certificados do Concello do Porriño.

Escritura con inscrición rexistral das parcelas: 30856, 26813, 30855, 30393, 30631, 30369, 30387 e 34991 do Porriño.

5.2. Gardín Bouzas, José Jaime, en representación de Sial, S.A. e Hormigones de Porriño, S.A.:

Nulidade de pleno dereito do procedemento de deslindamento por infracción do artigo 49 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

Infracción do artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

Consulta descritiva de datos catastrais das parcelas:

Polígono 56, parcela 7.

Polígono 56, parcela 8, Rexistro da Propiedade de Tui parcela nº 4606.

Polígono 56, parcela 10.

Polígono 56, parcela 11.

Polígono 55, parcela 1, Rexistro da Propiedade do Porriño parcela nº 25485.

Polígono 55, parcela 2, Rexistro da Propiedade do Porriño parcela nº 25485.

Polígono 55, parcela 3.

Polígono 55, parcela 10.

Polígono 55, parcela 4.

Polígono 56, parcela 6007.

Polígono 56, parcela 17.

Certificación catastral, polígono 55, parcela 3.

Certificación catastral, polígono 56, parcela 6007.

Escritura de compravenda con inscrición rexistral da parcela 4606 do Porriño.

Escritura de compravenda con inscrición rexistral das parcelas 20189, 9919 e 23907, do Porriño.

Escritura de compravenda con inscrición rexistral da parcela 25485 do Porriño.

Escritura de segregación e permuta con inscrición rexistral das parcelas: 25486, 19054 do Porriño.

Escritura de declaración de obra nova con inscrición rexistral da parcela 12804 do Porriño.

5.3. Lorenzo Casalmorto, Ana Mª, achega documentación:

Certificación de Rexistro da Propiedade do Porriño da parcela nº 41487.

5.4. Pereira Pereira, Xoán Xosé, en nome da Comunidade de Montes de Atios:

Aprobación da liña principal do apeo.

Non se teña en conta a documentación recibida fóra do prazo sinalado no anuncio do 17 de febreiro de 2014.

Considérese errónea a auxiliar proposta polo Concello do Porriño.

5.5. Pérez Sánchez, Albino, achega documentación:

Consulta descritiva de datos catastrais das parcelas:

Polígono 27, parcela 876.

Polígono 23, parcela 604.

Polígono 23, parcela 629.

5.6. Piñeiro Domínguez, José Manuel, en representación da CMVMC da Picoña.

Alegacións ao tramo I de deslindamento dos montes de Atios.

5.7. Santos Argibay, José Nelson, en representación do Concello do Porriño.

O deslindamento proposto pola Comunidade de Montes non se axusta ás resolucións clasificatorias do monte Carrascal e Laxedo.

5.8. Vila Rodríguez, Olivia, achega documentación:

Consulta descritiva de datos catastrais das parcelas:

Polígono 26, parcela 27.

Sexto. O 23 de abril de 2015, a xefa do Servizo Xurídico-Administrativo emite informe en que cualifica os documentos presentados, considerando documentación válida, segundo a Lei de montes de Galicia para os efectos sinalados de acreditación da propiedade, os presentados polas seguintes persoas.

Documentos presentados antes do apeo:

Cabaleiro Fernández, Beatriz.

Cabaleiro Fernández, Mónica.

Cabaleiro Nogueira, Francisco.

Díaz Rivero, Mª Jesús.

García Ramilo, Mª del Carmen.

González González, José Luis.

Lorenzo Casalmorto, Ana Mª.

Ramos Maceira, José.

Varela Oya, Mª Josefa.

Documentos presentados no período de vista pública:

Gardín Bouzas, José Jaime.

Lorenzo Casalmorto, Ana Mª.

Sétimo. Como consecuencia do informe do Servizo Xurídico-Administrativo citado no parágrafo anterior e da avaliación en campo da situación das parcelas en relación coas superficies deslindadas, clasifícanse as parcelas cuxa localización física posibilitou a documentación achegada.

a) Parcelas con documentación válida para os efectos de acreditación de propiedade, segundo a Lei de montes de Galicia, cuxa posesión non reclama a CMVMC de Atios durante este tramo de deslindamento.

– Barros Maceira, José:

Polígono 27, parcela 865. Encravado, pendente de deslindamento.

Polígono 27, parcela 867. Enclavado, pendente de deslindamento.

– Cabaleiro Fernández, Beatriz:

Polígono 29, parcela 193.

Polígono 29, parcela 360.

Polígono 29, parcela 364.

– Cabaleiro Fernández, Mónica:

Polígono 29, parcela 408.

Polígono 29, parcela 409.

Polígono 29, parcela 410.

Polígono 29, parcela 412.

Polígono 29, parcela 413.

– Cabaleiro Nogueira, Francisco:

Polígono 29, parcela 276.

Polígono 20, parcela 408.

Polígono 21, parcela 291.

Polígono 58, parcela 319.

– Díaz Rivero, Mª Jesús:

Polígono 26, parcela 13.

Polígono 25, parcela 818.

– Gardín Bouzas, José Jaime, en representación de Sial, S.A. e Hormigones de Porriño, S.A.:

Polígono 55, parcela 3.

– González González, José Luis:

Polígono 23, parcela 17.

Polígono 22, parcela 204.

Polígono 22, parcela 505.

Polígono 22, parcela 506.

Polígono 22, parcela 507.

Polígono 22, parcela 508.

Polígono 6, parcela 1794.

Polígono 6, parcela 1793.

– Lorenzo Casalmorto, Ana Mª:

Polígono 20, parcela 424.

– Rodríguez Moreira, Marta Luján:

Polígono 23, parcela 661.

– Varela Giráldez, Mª del Carmen:

Polígono 26, parcela 426. Enclavado, pendente de deslindamento.

– Varela Oya, Mª Josefa:

Polígono 23, parcela 87.

Polígono 23, parcela 88.

Polígono 23, parcela 183.

Polígono 23, parcela 286.

Polígono 23, parcela 135.

Polígono 22, parcela 384.

Polígono 22, parcela 407.

Polígono 22, parcela 409.

Polígono 22, parcela 383.

b) Parcelas con documentación válida para os efectos de acreditación da propiedade, segundo a Lei de montes de Galicia, cuxa posesión reclama a CMVMC de Atios.

– Cabaleiro Fernández, Beatriz:

Polígono 29, parcela 176.

Polígono 29, parcela 177.

Polígono 29, parcela 190.

Polígono 29, parcela 191.

Polígono 56, parcela 5.

– Cabaleiro Fernández, Mónica:

Polígono 29, parcela 421.

Polígono 29, parcela 10207.

– Cabaleiro Nogueira, Francisco:

Polígono 29, parcela 477.

Polígono 29, parcela 478.

Polígono 29, parcela 479.

– García Ramilo, Mª del Carmen:

Polígono 23, parcela 432.

– Gardín Bouzas, José Jaime, en representación de Sial, S.A. e Hormigones de Porriño, S.A.:

Polígono 56, parcela 8.

Polígono 55, parcela 1.

Polígono 55, parcela 2.

Polígono 56, parcela 6007.

c) Parcelas con documentación non válida para os efectos de acreditación da propiedade, segundo a Lei de montes de Galicia, cuxa posesión non reclama a CMVMC de Atios durante este tramo de deslindamento.

– Barros Maceira, José:

Polígono 27, parcela 33.

Polígono 27, parcela 164.

– Cabaleiro Fernández, Mónica:

Polígono 29, parcela 384.

Polígono 29, parcela 385.

Polígono 29, parcela 386.

Polígono 29, parcela 388.

Polígono 29, parcela 389.

Polígono 29, parcela 20207.

Polígono 29, parcela 30207.

Polígono 29, parcela 40207.

– Gardín Bouzas, José Jaime, en representación de Sial, S.A. y Hormigones de Porriño, S.A.:

Polígono 55, parcela 10.

– Giráldez García, Lidia:

Polígono 22, parcela 398.

– Herdeiros de Amelia Varela Bugarín:

Polígono 27, parcela 673.

– Maceira Fernández, Francisco:

Polígono 27, parcela 900. Enclavado, pendente de deslindamento.

– Pérez Sánchez, Albino:

Polígono 23, parcela 604.

Polígono 23, parcela 629.

Polígono 27, parcela 876. Encravado, pendente de deslindamento.

– Touceda Castromán, Julio César:

Polígono 27, parcela 936.

– Vila Rodríguez, Olivia:

Polígono 26, parcela 27.

d) Parcelas con documentación non válida para os efectos de acreditación da propiedade, segundo a Lei de montes de Galicia, cuxa posesión reclama a CMVMC de Atios.

– Gardín Bouzas, José Jaime, en representación de Sial, S.A. e Hormigones de Porriño, S.A.:

Polígono 56, parcela 7.

Polígono 56, parcela 10.

Polígono 56, Parcela 11.

Polígono 55, parcela 4.

Polígono 56, parcela 17.

e) Parcelas con documentación válida segundo a Lei de montes de Galicia para os efectos sinalados de acreditación da propiedade e con referencia catastral non localizables.

– Touceda Castromán, Julio César:

Polígono 27, parcela 806. Considérase esta referencia non localizable xa que a parcela identificada por ela non se corresponde coa descrición asociada á dilixencia rexistral na documentación presentada.

Oitavo. Consideración das alegacións

Alegación 4.1: presentouse certificación catastral sobre a parcela reclamada e considérase acreditada a propiedade no informe de clasificación de dereitos deste expediente, polo que se acepta a alegación presentada. En consecuencia, non se estima a alegación 4.2.

Alegación 4.3: fai referencia á documentación achegada á acta do 13 de maio de 2014 (alegación 4.18). A documentación achegada non permite a localización física da parcela nela rexistrada e a sentenza a que se fai referencia non adxudica a propiedade da parcela, por iso non se estima esta alegación así como a 4.5, e acéptanse as alegacións da Comunidade de Montes 4.4, 4.6 e parcialmente a 4.19, ao amparo do disposto pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por considerarse que a documentación achegada é de interese para o expediente.

Alegación 4.7: das clasificacións de montes veciñais en man común realizadas a favor da Comunidade de Montes de Atios e das sentenzas ditadas sobre os recursos presentados contra elas elas, non pode deducirse a existencia de terreos clasificados como monte veciñal na zona que perimetran os piquetes numerados do 158 ao 289.

Por esa condición non pode realizarse o seu deslindamento neste expediente, competente únicamente para definir os límites de superficies xa clasificadas como veciñais en man común a favor da Comunidade de Atios.

En consecuencia, acéptase esta alegación así como a 4.25, e non se estiman as alegacións 4.26 e 4.27.

As alegacións 4.8, 4.23, 4.24, 4.26 e 4.27 fan referencia ao límite oeste e sur do monte Carrascal e Laxedo clasificado. Non se achegou documentación sobre a dinámica de progresión das canteiras e instalacións industriais nesta zona, polo que unicamente se dispón de dúas alternativas, a liña principal de deslindamento, proposta pola CMVMC de Atios e a liña alternativa proposta polo Concello do Porriño.

A liña principal de deslindamento inclúe unha gran superficie que na súa maioría está actualmente ocupada por canteiras e instalacións industriais; esta superficie non pode considerarse clasificada xa que, aínda que aparece dentro do perímetro descrito no estudo previo á clasificación, citado no primeiro resultando da resolución de 1987, esta, na súa resolución, modificou os límites e cabidas por aquel definidas, polo que non é posible consideralo referente para determinar o perímetro clasificado.

A citada resolución de 1987 exclúe expresamente do monte veciñal en man común Carrascal e Laxedo as superficies destinadas a canteiras en explotación ou destinadas a uso industrial e define o límite oeste deste monte como «zona de dedicación mineira e industrial indicada». Esta resolución foi impugnada pola comunidade de Atios, recurso que foi desestimado e con sentenzas desfavorables nos xuízos derivados disto.

A proposta polo Concello reflicte os límites representados en plano incluído nas sentenzas aos recursos citados.

Por iso considérase como liña de deslindamento a proposta polo Concello do Porriño, definida polos piquetes 157, 157A e 157B. Acéptanse as alegacións 4.23 e 5.7 e non se estiman as 4.24, 4.26 (parte), 4.27, 5.4.1, 5.4.3 e a 4.8, xa que non definen as superficies que considera modificadas despois da resolución de clasificación citada.

Como consecuencia do exposto, non se considera preciso valorar as alegacións 4.10, 4.14 e 5.2, presentadas en referencia ás posicións dos piquetes 158 a 289, por considerar que non definen límite de monte veciñal clasificado.

Alegación 4.15: esta alegación é anulada posteriormente pola alegación 4.17, polo que non se estima, e acéptnase as alegacións 4.16 e 4.17.

Alegacións 4.20, 4.21 e 4.22: a documentación referida na alegación 4.22 non foi considerada como non acreditativa de propiedade polo informe do Servizo Xurídico-Administrativo. Por outra banda, a parcela catastral 673 do polígono 27 sitúase fóra do perímetro deslindado e non é coincidente cos piquetes auxiliares situados polo alegante. Por iso non se estima a alegación 4.20 e acéptanse as alegacións 4.21 e 4.22.

Alegación 4.29: de acordo co establecido pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pode admitirse documentación presentada fóra do prazo se a mesma resulta de interese para a resolución do expediente, como así se considera.

Neste caso, ademais, a documentación referida figura xa nos antecedentes do expediente e fóra achegada polo Concello do Porriño na primeira fase do deslindamento dos montes de Atios. Por iso non se estima esta alegación.

Alegacións 4.26 (parcial) e 4.30: a anotación na cartografía catastral dunha parcela non pode considerarse suficiente para cualificala como clasificada como monte veciñal en man común. Por iso é posible a colindancia dun monte clasificado como veciñal en man común con superficies suxeitas a outras formas de uso ou propiedade comunal. Por iso non se estiman estas alegacións.

Alegación 5.4.2: de acordo co disposto pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pode admitirse documentación presentada fóra do prazo establecido se a mesma resulta de interese para a resolución do expediente, como é o caso. Por iso non se estima esta alegación.

Alegación 5.6: non é posible considerar nesta fase da instrución deste expediente alegacións referidas a un expediente distinto, que finalizou a súa instrución e está pendente de resolución. Por iso non se estima esta alegación.

Noveno. O 21 de maio de 2015 o instrutor do expediente de deslindamento elevou a seguinte proposta de resolución:

Que se aprobe o deslindamento do segundo tramo de deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2014), dos montes da CMVMC de Atios, Concello do Porriño, de acordo coas actas e rexistro topográfico que figuran no expediente e a descrición e os planos que forman parte inseparable desta proposta.

Que se deneguen as reclamacións presentadas e non aceptadas no informe adxunto a esta proposta e se declare esgotada a vía administrativa.

Que se leven os novos datos resultantes da descrición, rexistro topográfico e planos ao Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Que se comuniquen os novos datos resultantes da descrición, rexistro topográfico e planos ao Rexistro da Propiedade.

Descrición.

Debido a que se practicou un deslindamento parcial, as descricións de límites corresponden unicamente aos tramos ata agora apeados e deberán completarse por seguintes tramos de deslindamento.

Provincia: Pontevedra.

Nº de rexistro MVMC: 2978-36039001.

Nome: Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

Concello: O Porriño.

Pertenza: CMVMC de Atios.

Límites xerais:

Norte: MVMC clasificado a favor da CMVMC de Cans.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), propiedade do concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Como resultado da clasificación destes montes e da proposta de resolución presentada ao primeiro tramo de deslindamento (pendente de resolución), este monte atópase dividido en dúas parcelas:

• Parcela norte:

Deslindada parcialmente, sen completar o deslindamento perimetral nin os encravados. Non é posible determinar cabida.

Límites:

Norte: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Cans e pendente de deslindar.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), Concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: propiedade do Concello do Porriño, CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares e pendente de deslindar.

• Parcela sur:

Completado o deslindamento perimetral sen deslindar encravados. Non é posible determinar cabida.

Límites:

Norte: propiedades particulares e propiedade do Concello do Porriño.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. De acordo co disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se fixou a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixou a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, a conselleira do Medio Rural é competente para ditar esta orde.

Segunda. O Servizo de Montes de Pontevedra é competente para levar adiante este deslindamento, cumpridas todas as prescricións legais canto á publicidade, notificación e demais requisitos exixidos no artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Terceira. As resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común atribúen a propiedade destes ás comunidades veciñais, en canto non exista sentenza firme en contra, ditada pola xurisdición ordinaria, segundo determina o artigo 30 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Cuarta. A elección do procedemento de deslindamento vén determinada polo artigo 49.6 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que establece que «calquera procedemento de deslindamento que realice a Administración forestal se desenvolverá conforme este procedemento».

Tendo en conta os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación e o informe e proposta do xefe do Servizo de Montes de Pontevedra e da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes (actual director xeral de Ordenación e Producción Forestal), esta conselleira

DISPÓN:

Primeiro. Aprobar o deslindamento do segundo tramo de deslindamento, deslindamento parcial, actuación 2014, dos montes da CMVMC de Atios, concello do Porriño, de acordo coas actas e rexistro topográfico que figuran no expediente e descrición e planos que forman parte inseparable deste.

O perímetro deslindado queda definido do xeito seguinte:

Descrición.

Debido a que se practicou un deslindamento parcial, as descricións de límites corresponden unicamente aos tramos apeados e deberán completarse cos seguintes tramos de deslindamento.

Provincia: Pontevedra

Nº de rexistro MVMC: 2978-36039001.

Nome: Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

Concello: Porriño.

Pertenza: CMVMC de Atios.

Límites xerais.

Norte: MVMC clasificado a favor da CMVMC de Cans.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), propiedade do Concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Como resultado da clasificación destes montes e da proposta de resolución presentada ao primeiro tramo de deslindamento (pendente de resolución), este monte atópase dividido en dúas parcelas:

• Parcela norte:

Deslindada parcialmente, sen completar o deslindamento perimetral nin os encravados. Non é posible determinar cabida.

Límites:

Norte: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Cans e pendente de deslindar.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), Concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: propiedade do Concello do Porriño, CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares e pendente de deslindar.

• Parcela sur:

Completado o deslindamento perimetral sen deslindar encravados. Non é posible determinar cabida.

Límites:

Norte: propiedades particulares e propiedade do Concello do Porriño.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición de lindes.

Parcela norte:

Descríbese a linde como continuación da descrición que forma parte da proposta de resolución do primeiro tramo de deslindamento a partir do piquete 145.

As distancias indicadas en cada un dos tramos descritos deben entenderse como aproximadas, polo que se debe acudir ao informe topográfico, incluído no expediente, para coñecelas con precisión.

Comézase a descrición da linde no piquete 145, final do apeo do primeiro tramo de deslindamento. Desde este piquete avánzase en dirección sur seguindo a marxe esquerda do camiño, en sentido da progresión, ao longo dos piquetes 146 e 147, percorrendo 114 m, estremeiros Serafín Mouriño Novás e Carmen Mouriño Novás.

No piquete 147 xira en dirección leste ata alcanzar o piquete 147A, situado a 28 m. Nel xira en dirección sur ata o piquete 147B, situado a 35 m, estremeira, Carmen García Ramilo herdeira de Juan García Garrido. Logo ao suroeste ata alcanzar o piquete 147C e a seguir ao norte ao longo de 42 m ata o piquete 147D, estremeiros no tramo: herdeiros de Manuel García Garrido e Carmen García Ramilo, herdeira de Juan García Garrido.

Desde ese piquete avanza en dirección sueste ata o piquete 149.

O perímetro percorre 41 m en dirección suroeste ata alcanzar o piquete 150. Estremeira Carmen Fernández González, cruza camiño en dirección oeste ata o piquete 151, seguindo nesa dirección polos piquetes 152, 153 e 154. Estremeiras parcelas particulares e CMVMC de Budiño.

Cambia de dirección cara ao suroeste pasando polos piquetes 155, 156 e 157 definidos no acordo de lindes entre as CMVMC de Atios e Budiño achegado a este deslindamento.

A seguir avanza en dirección oeste ata o piquete 157A, situado a 383 m e del, en dirección norte, ao 157B, situado a 798 m.

Desde o último piquete segue dirección leste ata o piquete 290 e continúa nesta mesma dirección ao longo dos piquetes 291 a 296, percorrendo 188 m. Estremeiro: Manuel Campos Varela, herdeiros de José Ramilo e outros.

Desde o último piquete vira cara ao norte ata o piquete 299, despois de 51 m.

Avanza cara ao leste ao piquete 300, situado a 71 m e logo en dirección sueste ata o piquete 304, percorrendo 152 m.

Do piquete 304 ao 317 segue dirección xeral norte e percorre 627 m, estremeiros Ramón Maceira Pazos, Celsa Campos Varela, Francisco Campos Varela, Amelia Campos Varela, Santiago Campos Varela, Mª del Carmen Campos Varela e outros.

Do piquete 317 ao 320 bordea camiño en dirección, primeiro oeste, despois norte e finalmente leste, con percorrido de 135 m.

Desde o último piquete ao 331 segue dirección xeral nordés ao longo de 375 m. Estremeiros, Santiago Varela, Susana Bargiela Rodríguez, pista asfaltada, Diana Giráldez González e outros.

Do piquete 331 ao 348 segue orientación xeral leste con cambios de rumbo cara ao norte e o sur. O percorrido total deste tramo é de 783 m. Estremeiros, estrada, pista asfaltada, herdeiros de Alicia Oya, herdeiros de Martínez Bugarín, herdeiros de Clara Martínez Bugarín, Próspero Lago, Josefa Giráldez García, canle e outros.

Cambia a progresión cara ao sueste ata o piquete 355, durante 410 m. Estremeiros estrada, Dores Rodríguez Ocampo, herdeiros de Manuel Rodríguez Ramilo e outros. Neste piquete conclúese o tramo deslindado nesta actuación.

Cabidas.

Debido a que o deslindamento é parcial, non poden determinarse cabidas definitivas que poderían modificarse ao deslindar encravados e ao completar o resto da liña principal.

Segundo. Que se cancele total ou parcialmente calquera inscrición rexistral en canto sexa contraditoria coa descrición do deslindamento do segundo treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación ano 2014) dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño.

Terceiro. Que se deneguen as reclamacións presentadas e non aceptadas na presente orde e se declare esgotada a vía administrativa, deixando expedita a xudicial civil.

Cuarto. Que se leven os novos datos resultantes da descrición, rexistro topográfico e planos ao Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Quinto. Que se inmatriculen os montes coas características resultantes no Rexistro da Propiedade.

Sexto. Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Os interesados poderán interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, con carácter potestativo, no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa. Ambos os prazos se computarán desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal polos interesados, ou ao da publicación para os que non puidesen ser notificados persoalmente.


DOG nº98 do 25 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s