Aprobación definitiva da delimitación do núcleo rural da Portada-Santo Estevo (Chantada, Lugo)

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Chantada, para delimitación do núcleo rural da Portada-Santo Estevo (expediente PTU-LU-12/111).

nucleo_rural_ChantadaO Concello de Chantada remite proxecto técnico de delimitación, datado en agosto 2015, redactado polo arquitecto municipal Juan García Pérez, e documentación administrativa, para os efectos da aprobación definitiva, consonte a disposición adicional segunda.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Analizada a documentación achegada e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

– O Concello de Chantada dispón dun PXOU aprobado definitivamente o 29.7.1985.

– Consta Decisión da SXCAA (31.7.2012) pola que se eximiu a presente modificación puntual de sometemento a avaliación ambiental estratéxica (DOG do 11.9.2012).

– Emisión de informes sectoriais:

a) Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do 9.12.2013 e 18.8.2014 (desfavorables) e 24.11.2014 (favorable).

b) Deputación de Lugo, en materia de estradas, do 11.4.2014 (desfavorable) e 1.12.2015 (favorable).

c) Confederación Hidrográfica Miño Sil do 12.11.2014 e 25.5.2015, favorable condicionado.-

– Aprobación inicial do proxecto de modificación por acordo do Concello Pleno do 2.2.2015.

– Exposición pública mediante anuncios no DOG do 12 de marzo de 2015, El Progreso do 12 de febreiro, La Voz de Galicia do 12 de febreiro e o taboleiro municipal. Consonte a certificación da secretaría, no período de exposición non se presentaron reclamacións.

– Acordo municipal plenario de aprobación provisional do 7.12.2015.

II. Aspectos xerais. Análise e consideración.

– O PXOU do Concello de Chantada delimita dous perímetros de solo urbano nas entidades da Portada e Santo Estevo, tipificándoos como «núcleos de casarío denso». A presente modificación vén reaxustar os límites destes núcleos e a recoñecerlles o seu carácter rural.

– Proponse a delimitación dun ámbito continuo, asociándoo indistintamente ás entidades de poboación de Santo Estevo e A Portada. Dentro deste ámbito diferéncianse dúas zonas de núcleo histórico tradicional (NRHT) e outras dúas de núcleo rural común (NRC).

– O proxecto de modificación delimita os núcleos de referencia, fixa as aliñacións, regula as condicións de uso e edificación nas zonas edificables, identifica as dotacións existentes (igrexa e cemiterio), cataloga diversas construcións con interese cultural e fixa os indicadores para a redacción de plans especiais de ordenación dos núcleos afectados.

– No expediente acredítanse os requisitos establecidos pola disposición adicional segunda.2 da LOUG, para a delimitación dos núcleos rurais.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 3.a) en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente a delimitación do solo de núcleo rural da Portada-Santo Estevo, do concello de Chantada.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº100 do 27 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s