Deslindamento entre comunidades de montes veciñais en man común (Concello de Oímbra, Ourense)

ANUNCIO do 5 de maio de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 4 de maio de 2016 relativa ao deslindamento entre as comunidades de montes veciñais en man común de Espiño, Montes de Videferre e Montes de Bousés, no concello de Oímbra (Ourense)

marco_deslindeExaminada a solicitude de conciliación formulada polos representantes dos MVMC de Espiño, Montes de Videferre e Montes de Bousés, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 3 de xullo de 2015 as comunidades propietarias dos MVMC de Espiño, Montes de Videferre e Montes de Bousés presentaron documentación relativa ao acto de deslindamento levado a cabo entre elas.

Segundo. Con data do 19 de febreiro de 2016 o Servizo de Montes emitiu informe favorable ao deslindamento proposto, de acordo co artigo 53 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, recomendando unha revisión do esbozo para definir mellor as estremas.

Os puntos acordados entre as comunidades lindeiras son os seguintes:

CMVMC de Espiño coa CMVMC de Videferre: 7, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18.

CMVMC de Espiño coa CMVMC de Bousés: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7.

CMVMC de Videferre coa CMVMC de Bousés: 7, 8, 9, 10.

A correspondencia entre o número do punto, coordenadas xeográficas e nome con que os veciños os recoñeceron correspóndese coa seguinte táboa:

Nº punto

Coordenada X

Coordenada Y

Nome do punto

1

620516.84

4636162.5

A Regata da Pipota

2

620432.47

4635663.35

Outeiro Grande

3

620343.59

4635272.69

Mourán

4

620308.73

4634649.31

Outeiro dos Pozos

5

620171.51

4634328.11

Outeiro dos Pasadoiros

6

619888.4

4633899.4

As Torganas

7

619480.67

4633550.36

Loureiro

8

619406.57

4633358.49

O Cagatorio

9

619751.06

4632834.83

Alto das Lampaceiras

10

620315.89

4632340.91

Marco internacional 206

11

619398.27

4633556.75

Loureiro

12

619082.57

4633969.32

O Marco

13

618615.31

4634481.42

Outeiro da Cruz de Pedra

14

618489.76

4634796.64

A Falgueira

15

618419.83

4635091.4

A Vermella

16

618294.79

4635591.1

A Bandeira

17

618329.77

4635966.74

A Corte dos Cabalos

18

618664.7

4637196.76

Pena das Cruces

Estes acordos foron aprobados nas distintas asembleas das respectivas comunidades e posteriormente ante o Xulgado de Paz de Oímbra.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento a seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditara resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial en man común, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes de data 19 de febreiro de 2016, acordou por unanimidade o día 16 de marzo de 2016:

Aprobar o acto de conciliación acadado entre as comunidades propietarias dos MVCM de Espiño, Montes de Videferre e Montes de Bousés, do concello de Oímbra, de acordo co exposto no feito segundo.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no plazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.


DOG nº97 do 24 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s