A Xunta recibe do Concello de Bueu o Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa aprobación definitiva

23/05/2016-Xornal Galiciasur

aerea_bueuAgora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, recibiu esta mañá ao alcalde de Bueu, Félix Juncal, e aos concelleiros de urbanismo e obras, Martín Villanueva e Fidel Castro, que fixeron entrega na Xunta do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a súa aprobación definitiva.

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que este completo.

Cómpre destacar que o Plan xeral, aprobado provisionalmente o pasado 16 de marzo de 2016, porá fin ás Normas subsidiarias de planeamento vixentes dende outubro de 1986, hai 30 anos.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico deste documento que planificará o desenvolvemento deste concello, para o cal concedeu axudas por importe de máis de 130.000 euros.

Antedecentes

Aínda que o PXOM de Bueu foi contratado en novembro de 2000, non foi ata o 29 de marzo de 2010 cando o concello asinou un novo contrato que impulsou definitivamente a redacción do PXOM. Dous anos despois o Concello remitía o documento á Xunta para Informe previo á aprobación inicial, que emitiu a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio en outubro de 2012.

A continuación o ritmo da tramitación destacou pola súa axilidade: aprobación inicial polo Pleno municipal de xullo de 2013, exposición pública, análise das alegacións recibidas, solicitude e emisión favorable dos preto de 30 informes sectoriais, tramitación urbanística e ambiental, aprobación provisional o 16 de marzo de 2016 e dous meses despois remisión á Xunta para a súa aprobación definitiva.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s