O sector forestal estuda posibles aproveitamentos compatibles coas franxas de protección das liñas eléctricas

23/05/2016-Campogalego.com

O sector forestal propón estudar posibles aproveitamentos compatibles coa limpeza do terreo, como sistemas silvopastorais, cultivo de plantas aromáticas ou melloras cinexéticas

torre_electricaAs franxas de servidume dos tendidos de alta e media tensión ocupan miles de hectáreas forestais en Galicia, un terreo que se debe manter sen arborado para evitar posibles afeccións ás liñas. O sector forestal, non obstante, entende que é posible estudar aproveitamentos compatibles coa limpeza do terreo, como usos pastorais ou cultivos agrarios ou cinexéticos.

A proposta, que se inclúe nas directrices elaboradas para a revisión do Plan Forestal de Galicia, enmárcase na idea dunha xestión activa do territorio que fomente as estruturas en mosaico, tanto de usos como de especies, de cara a contribuir á prevención de incendios forestais.

O sector ve tamén as franxas de servidume dos tendidos eléctricos como unha oportunidade de aumentar superficie produtiva. Do mesmo xeito en que se avoga pola recuperación de terras forestais abandonadas, que ou ben poderían ser forestadas ou adicadas a pastizais, os colectivos que participaron na revisión do Plan Forestal de Galicia tamén analizan as franxas de servidume das liñas eléctricas como posibles nichos produtivos.

Implantación de pastizais, cultivo de plantas aromáticas ou cultivos cinexéticos son algunhas das propostas. O sector tamén demanda que o trazado de futuras liñas quede supeditado a unha planificación previa do territorio, de xeito que resulte compatible cos usos en vigor das terras.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s