Emprazamento aos interesados para seren notificados sobre o acordo de concentración parcelaria da zona de Vilar II (Touro-A Coruña)

ANUNCIO do 5 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia sobre o acordo de concentración parcelaria da zona de Vilar II (Touro-A Coruña).

esquema_concentracion_parcelariaDe conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a os propietarios da zona de concentración parcelaria de Vilar II (Touro-A Coruña) que se relacionan no anexo, para ser notificados do acordo de concentración da devandita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro da resolución, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, consonte o establecido nos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.


DOG nº93 do 18 de maio de 2016


Noticias relacionadas:

16/07/2015-Noticieirogalego.org

Acordo de concentración parcelaria da parroquia de Vilar

O Acordo de Concentración Parcelaria da Zona de San Miguel de Vilar II, no Concello de Touro, rubricouse esta semana. Remátase así o proceso de concentración que consigue un índice de reducción de 4,81; e dicir, pásase de 2.851 leiras a 593 fincas na actualidade. Esta concentración na parroquia de San Miguel de Vilar afecta a un total de 368 hectáreas e a 326 propietarios. Agora a superficie media das leiras é de 5.869 metros cadrados e antes da concentración a superficie era de 1.291 metros cadrados. Según os datos da Consellería do Medio Rural e do Mar, agora o número medio de leiras por propietario é de 2,03 e antes era de 10,79 fincas.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, valorou con satisfacción o acordo e agradeceu a dilixencia da Administración autonómica para axilizar o proceso neses últimos tempos. De feito dende que o proxecto de concentración parcelaria foi aprobado polo Servizo de Infraestructuras Agrarias da Coruña no mes de febreiro ata o acordo de concentración pasaron seis meses, cando a media de tempo empregado en procesos similares está entre ano e medio e tres anos, según informa a Consellería do Medio Rural e do Mar. Agora, tras o acordo, chegará o amolloamento das fincas, proceso que consiste fundamentalmente en colocar os marcos nas propiedades, e que se fará no outono. Nos primerios meses do próximo ano procederase á toma de posesión das fincas por parte dos seus propietarios.

O perímetro concentrado comprende na súa maior parte  monte ainda que tamén algunhas terras adicadas a prado. A parroquia de Vilar linda ao norte coa de Prevediños (Touro), ao sur e ao oeste co Concello de Boqueixón e ao leste coa parroquia de Foxás (Touro).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s