Toma de posesión dos predios da Concentración Parcelaria de Meavía-Quintillán (Forcarei, Pontevedra)

ANUNCIO do 19 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Meavía-Quintillán (Forcarei, Pontevedra)

concentracion_parcelaria_galiciaLogo de publicar o acordo de concentración parcelaria da zona de Meavía-Quintillán (Forcarei-Pontevedra) e resoltos os recursos presentados contra o acordo, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios con data do 30 de marzo de 2016.

Todas as persoas interesadas tomarán posesión dos seus terreos obrigatoriamente, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (segundo o artigo 44 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria de Galicia).

Se algún propietario non permitise a toma de posesión dos novos predios no prazo que se indica neste aviso, será apercibido e logo será obxecto de compulsión directa (artigo 45 da antedita lei), ademais de imporlle as sancións económicas que procedan, conforme o disposto nos artigos 69 e seguintes da dita lei.

Os interesados poderán reclamar sobre as diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais que contarán a partir da data en que os predios se poñan ao seu dispor (artigo 46). Deberán achegar coa reclamación ditame pericial visado polo colexio correspondente.

Os prazos para a toma de posesión son os seguintes:

a) Labradíos sen colleita pendente, prados e pastos: a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, a partir do día seguinte ao da retirada das colleitas que estivesen pendentes de recolección.

c) En relación coas árbores existentes nos predios, recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses, que contarán desde a publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia, logo da petición ao Servizo de Montes do preceptivo permiso e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no caso de seren especies autóctonas protexidas, sen prexuízo das demais autorizacións que legalmente procedan.

Así mesmo, deberán adoptarse as medidas relativas á prevención de incendios forestais previstas na lexislación vixente.


DOG nº87 do 9 de maio de 2016


Aprobado o acordo de concentración parcelaria da zona de Meavía-Quintillán no concello pontevedrés de Forcarei

Comezan os traballos de reafirmado dos camiños principais da zona de concentración parcelaria de Meavia-Quintillán en Forcarei
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s