Acordo de incorporación de esbozo ao expediente de clasificación do MVMC de Salgueiros e Novelúa (Concello de Monterroso, Lugo)

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo aos montes veciñais en man común de Salgueiros e Novelúa, no concello de Monterroso (Lugo)

monterrosoNa sesión realizada polo xurado provincial o día 29 de marzo de 2016 figura o seguinte acordo:

Monte de Novelúa (expediente 45/73), pertencente aos veciños da parroquia de Novelúa, no termo municipal de Monterroso, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 28 de decembro de 1974, e monte de Salgueiros (expediente 58/76), pertencente aos veciños da parroquia de Salgueiros, no termo municipal de Monterroso, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 29 de abril de 1977. Con data do 2 de marzo de 2015 ten entrada copia autenticada da sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Chantada, con data do 29 de abril de 2013, ditada no procedemento ordinario 281/2009, na cal se declara:

«[…] que o monte veciñal en man común de Novelúa ten como linde que o separa do monte veciñal de Santa María de Salgueiros e dos predios dos demandados os seguintes puntos de referencia: desde Pena Castrela ata o marco Mámoa da Lagoa; desde este punto ata Fonte Tibián; de aí ata o Marco da Cruz; desde aí a Pena do Bao; de aí a Marco dos Campazos; desde aí ata Fonte da Barcela ou Barxela; e de aí ata o lugar de Coios Brancos, onde finaliza o lindeiro coa parroquia de Salgueiros.

2. Declarar que os puntos Marco da Cruz, Pena do Bao e Marco dos Campazos teñen a localización que sosteñen os veciños de Novelúa.

3. Declarar que os demandados carecen de dereito a ocupar e posuír calquera parcela comprendida dentro dos lindeiros do monte veciñal en man común de Novelúa.

4. Condenar os demandados a estaren e pasaren polas anteriores declaracións e a deixaren libres e á disposición dos veciños de Novelúa as parcelas do monte que veñen ocupando e posuíndo dentro do seu perímetro […]».

Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 23 de novembro de 2015 emítese informe especificando as modificacións resultantes, co que o monte de Novelúa queda cunha superficie de 315,3 hectáreas, e o monte de Salgueiros, cunha superficie de 49,5 hectáreas. Xuntan esbozo da situación actual dos montes veciñais afectados.

Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícase o devandito acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.


DOG nº86 do 6 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s