Toma de posesión dos predios da Concentración Parcelaria de Porqueira II (Concello de Porqueira, Ourense)

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se anuncia a toma de posesión provisoria dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Porqueira II (Porqueira-Ourense).

tomino_concentracion-parcelariaRematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense) e resoltos os recursos presentados contra el, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisoria dos novos predios. A toma de posesión é obrigatoria para todos os interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo do apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei, sen prexuízo das sancións que se lle poidan impoñer conforme o disposto nos artigos 69 e seguintes desta lei.

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura territorial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, xuntando ditame pericial sobre diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo dos sesenta días naturais seguintes á data en que os predios de substitución se poñan á disposición dos novos propietarios para a toma de posesión deles (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste aviso.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga aos que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos nas leis.

Para os efectos oportunos establécese como data de toma de posesión o día seguinte ao da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

En relación coas árbores existentes nos predios, recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega dentro dos tres meses seguintes á data de toma de posesión, logo de petición ao Servizo de Montes do preceptivo permiso e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, entenderase que pertencen ao propietario do novo predio.

Desde o día 1 de xullo de 2006, data en que tivo entrada en vigor o Decreto 105/2006 (DOG núm. 125, do 30 de xuño), polo que se regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, deberase ter en conta o establecido nos seus artigos 21 e seguintes para evitar posibles danos nos predios en cuestión.


DOG nº87 do 9 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s