Inicio do deslindamento con predios particulares, da CMVMC de Redonde (Campo Lameiro)

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redonde, do concello de Campo Lameiro (Pontevedra)

campolameiroUnha vez informada favorablemente a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redonde, concello de Campo Lameiro, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar o 18 de xuño, ás 17.00 horas, para o comezo das operacións de apeo, que comezarán no lugar de Fragas, na Casa do Pobo de Redonde, O Peto número 56.

Emprazanse os lindeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte deste e os lindeiros que desexen comparecer presenten as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade en Redonde.

O que se fai público para xeral coñecemento.


DOG nº87 do 9 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s