Clasificación como veciñal en man común do Monte Biduedo (Concello de Triacastela, Lugo)

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación 5/2015 do Monte Biduedo (Concello de Triacastela, Lugo)

montes_TriacastelaPara os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 29.3.2016 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia de José Ramón Losada Fernández, e coa asistencia dos vogais Ramón Rozadillas Valverde, José Antonio Rojo Fernández, Luis A. Casais Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Expediente número 5/2015.

Nome: Biduedo (ampliación).

Pertenza: veciños/as do lugar do Biduedo.

Parroquia: Lamas do Biduedo.

Concello: Triacastela.

Superficie: 8,56 hectáreas.

Estremas:

Norte: polígono 37, parcela 9003 (estrada); polígono 44, parcelas 251, 393, 394, 395, 385, 384, 382, 381 e 380.

Leste: polígono 44, parcelas 368, 369 e 367.

Sur: polígono 44, parcelas 366, 362, 361, 360 e 359.

Oeste: polígono 44, parcelas 351, 354, 347, 346, 345, 344 e 541.

Contra esta resolución, desde a súa notificación ou publicación, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.


DOG nº85 do 4 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s