Aprobación inicial do PXOM de Carral (A Coruña)

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Carral (A Coruña) e sometemento a información pública.

carralO 18 de marzo de 2016 o Pleno do Concello de Carral aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), segundo o documento Plan xeral de ordenación municipal. Documento de aprobación inicial, na súa versión datada en febreiro de 2016, elaborado por Estudio Técnico Gallego, S.A., e co contido indicado no escrito presentado o 29 de febreiro de 2016 (con número de rexistro de entrada 458) e coas correccións realizadas en marzo de 2016 e indicadas no escrito presentado o 7 de marzo de 2016 (número de rexistro de entrada 525).

Sométese o expediente a información pública, mediante este anuncio que se publicará no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego, así como a audiencia dos concellos limítrofes, por prazo simultáneo de dous meses, que se contará desde a data da derradeira das devanditas publicacións.

Durante o devandito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o Plan xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera persoa que queira examinalo para poder presentar as alegacións que se consideren pertinentes.

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito do territorio obxecto de tal planeamento, cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente, segundo o establecido no artigo 77 da LOUGA e cos efectos indicados nel, e nos termos indicados no informe emitido para o efecto o 29 de febreiro de 2016 polo equipo redactor do plan e validado polos informes técnico e xurídico municipais.

Así mesmo, solicitarase das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios (segundo o indicado nos informes técnico e xurídico municipais a que se someteu o expediente), que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, salvo que a lexislación sectorial sinale outro prazo.


DOG nº83 do 2 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s