Período de alegacións do PXOM de Portomarín (Lugo)

ANUNCIO de información pública sobre o Plan xeral de ordenación municipal de Portomarín (Lugo)

portomarinAprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por acordo do Pleno do 17 de marzo de 2016, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que formulen as alegacións que consideren pertinentes.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento coas novas determinacións que supoñan a modificación de ordenación urbanística vixente. Non obstante, poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, sempre que respecten as determinacións do novo planeamento de conformidade co previsto no artigo 120 do Regulamento de planeamento. A duración máxima da suspensión é de dous anos e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Non obstante, a suspensión de licenzas non afectará as comunicacións previas de obra menor relativas á mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente que, se é o caso, se outorgarán sen dereito a indemnización e sen prexuízo da obtención doutras autorizacións.


DOG nº85 do 4 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s