Subvencións para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de vivendas no ámbito dos Camiños de Santiago

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

casco_historico_RibadaviaO Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, derroga o Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

A pesar da dita derrogación, na disposición transitoria única do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, indicase que os expedientes iniciados ao abeiro do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, seguirán tramitándose conforme este decreto, polo que se poderán realizar convocatorias de subvencións para os citados expedientes.

As actuacións subvencionadas no Decreto 44/2011, do 10 de marzo, teñen por finalidade fomentar a recuperación do patrimonio arquitectónico e tradicional, para favorecer a súa utilización como vivenda habitual e permanente.

Debido ás restricións orzamentarias dos últimos anos, non se puido realizar convocatoria nos exercicios 2011, 2012 e 2014, e malia se ter realizado unha convocatoria no ano 2015 e do importante crédito asignado á convocatoria do presente exercicio, a dotación orzamentaria prevista non é suficiente para atender todas as posibles solicitudes con cualificación definitiva xa concedida, polo que se considera necesario establecer un punto de corte, que virá determinado pola data da cualificación definitiva para poder solicitar as axudas. A dotación económica da convocatoria asignarase ás actuacións de maior antigüidade na data de cualificación definitiva.

Debe terse en conta tamén que a disposición transitoria cuarta do citado Decreto 44/2011, do 10 de marzo, prevé a posibilidade de presentarse ás convocatorias de subvencións a aquelas persoas solicitantes cuxos expedientes dispuxesen da cédula de rehabilitación concedida de acordo co derrogado Decreto 157/2006, do 7 de setembro, de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia.

Esta convocatoria axústase ao disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

De acordo co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 25.3 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, e nos artigos 4 e 5 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a competencia correspóndelle á persoa titular da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo e, en consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras destas subvencións están recollidas no Decreto 44/2011, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 23 de marzo), polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade de 2016, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

(…)


Consultar texto completo da convocatoria: DOG nº80 do 27 de abril de 2016


EXTRACTO da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

BDNS (Identif.): 304430.

De conformidade co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior á mencionada no punto cuarto desta resolución.

2. Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias aquelas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a solicitasen nos catro anos inmediatamente anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.

Segundo. Finalidade

Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade de 2016, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras destas subvencións están recollidas no Decreto 44/2011, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia, número 58, do 23 de marzo), polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

Cuarto. Orzamento

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 4.000.000 euros coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

08.80.451A.780.0: 3.500.000 € (axudas no ámbito rural).

08.80.451A.780.2: 500.000 € (axudas no ámbito histórico e dos Camiños de Santiago).

A contía máxima de cada subvención será de 6.600 € na modalidade de remate de fachadas e rehabilitación e a cantidade de 8.600 € na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº80 do 27 de abril de 2016


Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s