Información pública da proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia

ANUNCIO do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se somete a información pública o proxecto da orde pola que se aproba a proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia

ruidoDe conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán porque se informe ao público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos, cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as cales as administracións públicas deben asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a de protección contra o ruído, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xullo.

Iniciada a tramitación do proxecto da orde pola que se aproba a proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto da orde pola que se aproba a proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia.

Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do proxecto de orde no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo:

cmati.sxcalidade@xunta.es

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.


DOG nº85 do 4 de maio de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s